A xente nova trasládase ás zonas rurais próximas ás cidades mentres un estudo sinala os galegos coma os menos afectados pola tensión psíquica do Estado

Para a aldea e máis tranquilos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A mocidade galega e mais as familias novas están a optar nos últimos anos polas zonas rurais próximas ás grandes cidades coma lugar de residencia preferente. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística e a análise do xeógrafo Carlos Ferrás, esta tendencia recente débese en boa medida ao alto custo da vivenda nos núcleos urbanos, publica esta fin de semana “La Región”. Por outra banda, hoxe publicábanse os datos dun estudo sobre a incidencia da tensión psíquica entre os cidadáns do Estado. Segundo estes datos, os galegos somos os menos afectados por este mal, aínda que ata un 21% da nosa poboación sufre os seus efectos.

Máis información en La Opinión e en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Opinión, Instituto Galego de Estatística, La Región, Faro de Vigo