Achegar o centro á sociedade, convertelo nun espazo de colaboración con outras entidades artÃsticas e dar cabida á arte galega. Son algunhas das directrices apuntadas polo novo director do Centro Galego de Arte Contemporánea, Manuel Olveira (Porto do Son, 1969) e que pasa, en primeiro lugar, pola estabilización laboral do centro. Olveira será un dos participantes nas xornadas “Arte contemporánea na Democracia” que se organizan xoves e venres no MARCO. A este panorama de remudas hai que unirlle o nome do profesor e catedrático compostelán José MarÃa GarcÃa Iglesias, que acaba de ser nomeado director de Acción Sociocultural de Caixa Galicia.
Consulta as entrevistas a Manuel Olveira en La Voz de Galicia, Faro de Vigo e en El Correo Gallego