Trinta e seis asociacións das tres universidades galegas participan na IV edición de Universatúa

Universitarios asociados

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Universatúa” é o nome da feira que desde hai catro anos organiza a Universidade de Vigo para poñer en común a situación das asociacións que se crean ao abeiro do ámbito educativo. Ademais de dar a coñecer o seu traballo, os participantes nestas xornadas analizarán tanto os retos da Administración ante o tecido asociativo, como as relacións entre voluntariado e cooperación, desenvolvemento tecnolóxico e a cultura e as artes. Entre as actividades paralelas desta IV edición figura o “Mundialito” da Universidade no que participan 27 equipos de fútbol que enfrontan a colectivos inmigrantes de Vigo con equipos formados con estudiantes dos programas Erasmus.

Máis información no Duvi

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Feira, Universidade de Vigo

Claves

Conceptos
Lugares