Dous certames literarios veñen de facer público o seu palmarés de obras gañadoras. O septuaxenario Manoel Riveiro resultou gañador do premio Lueiro Rey de novela curta por segunda vez, xa que tamén o gañou en 1998. A obra “Xullo- Agosto”, que narra o principio da Guerra Civil en Ferrol, foi a elixida polo xurado, que tamén quixo destacar a calidade da novela “Licor de abelá”, do vigués Xurxo Sierra Veloso. A décimo oitava edición do Premio Nacional de PoesÃa Pérez Parallé tamén se resolveu nestes dÃas outorgando ao escritor ferrolán Mario Regueira o seu premio pola obra “Tanxerina”, que introduce un imaxinario poscolonial na poesÃa galega, segundo valorou o xurado.
Máis información no Galicia Hoxe
e sobre o Lueiro Rey en La Opinión