Comezan en París as deliberacións sobre a Obras Mestras do Patrimonio Inmaterial mentres o optimismo reina sobre a proposta galega

Na recta final do patrimonio

21/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A delegación galega e portuguesa que está desprazada en París para conseguir a proclamación do Patrimonio Inmaterial Común coma Obra Mestra da Humanidade agarda con optimismo a proclamación para o vindeiro venres. O pasado sábado o embaixador español na UENSCO, José María Ribao, anunciou o seu apoio público para esta proposta. Ademais, realizáronse estes días diferentes presentacións na cidade da luz, e hoxe mesmo comezaban as deliberacións do comité que decidirá se a nosa proposta consigue o recoñecemento deste organismo internacional. Polo momento, as perspectivas son optimistas e TVG programa para esta noite unha gala dedicada ao patrimonio inmaterial.

Máis información no La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe, no Faro de Vigo e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Galicia Hoxe, TVG, Culturagalega...