Ourense acolle o inicio da VII Semana Audiovisual mentres o Festival enfila a recta final

Audiovisual, por partida triple

18/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Coa homenaxe aos irmáns Bilbatúa pola súa traxectoria documental, o Festival de Cine Independente de Ourense chega á súa recta final. O sábado terá lugar a gala de clausura na que, ademais da proxección de “Mulleres infieis” de Rodrigo Ortúzar, saberanse os gañadores desta décima edición. Mentres este evento chega ao seu fin, o que comeza é a VII Semana Audiovisual enmarcada dentro das actividades do Outono Fotográfico e que se centra nunha serie de proxeccións (21-25) de actividades como a espeleoloxía, escalada ou o descenso polos canóns. Por último, do 25 ao 27 en Noia terá lugar a VII Mostra de Curtametraxes, na que compiten 35 cintas.

Máis información no web do Festival de Cine de Ourense , no web do Outono Fotográfico, e sobre a mostra de Noia en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Cine, Outono Fotográfico, Noia...