Marisol López, secretaria xeral de PolÃtica LingüÃstica, presenta hoxe en Cardiff, Reino Unido, a solicitude para que a Xunta se integre na Asociación Europea de Institucións Avaliadoras de Linguas (ALTE). Isto suporá a equiparación do galego con linguas coma inglés ou o francés en canto a probas oficiais de nivel con recoñecemento internacional. Por outra banda, o noso idioma está a incrementar a súa presenza nos ámbitos universitarios de Estados Unidos. Deste xeito, a universidade de Milwaukee prepara a posta en marcha dunha materia dedicada á Cultura Galega. Ao tempo o filólogo Gabriel Rei-Doval presentará, nun congreso que organiza esta institución, un panel no que se inclúen tres intervencións sobre a nosa literatura e o exilio.
Máis información sobre os exames Galicia Hoxe e no web da Xunta; sobre o galego en EEUU en La Voz de Galicia