O pensador Ignacio Ramonet participará nos dous encontros sobre comunicación que se celebran en Galicia a finais de mes

Ramonet e comunicación x2

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
As I Xornadas de Comunicación Social en Galicia que organiza a Xunta de Galicia contarán, entre outros coa presenza dos pensadores e xornalistas emigrados en Francia Ignacio Ramonet e Ramón Chao que impartirán a súa visión sobre a Sociedade da Información o día dous de decembro no Hostal dos Reis Católicos. Aos que lles cadre mal esta data, teñen tamén a ocasión de escoitar o día anterior a Ramonet canda a outros especialistas en medios nos encontros Documentación e Poder na Sociedade da Información, que organiza o Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega entre os días trinta de novembro e un de decembro na sede desta institución en Compostela.

Máis información no web da Xunta e no web do Consello

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reis Católicos, Ramón Chao, Reis, Hostal dos Reis Católicos...