Para alén do seus valores estéticos, que non son escasos, as paisaxes achegan tamén unha importantÃsima información sobre xeitos de vida, historia, modos de subsistencia e mesmo estrutura social dun lugar. Algunhas das diferentes perspectivas desde as que se analiza este campo déronse cita a pasada semana en Trasalba, nunhas xornadas que, entre outras cuestións, analizaron a imaxe que proxectan as cidades galegas de si mesmas.
A Fundación Otero Pedrayo, canda ao Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), levaban tempo a pensar en desenvolver na casa museo de Trasalba unhas xornadas que abordasen o tema da paisaxe desde unha perspectiva multidisciplinar. “Por unha banda querÃase recuperar a vertente de xeógrafo de Otero Pedrayo, que estivo moi esquecida. Otero estivo moi vencellado ás correntes internacionais da XeografÃa do seu tempo”, explica Rubén Lois, xeógrafo que representa o IDEGA na organización destas xornadas e actual director xeral de Turismo na Xunta. “Otero traballou na catalogación de asentamentos e é un pioneiros a nivel estatal nos estudos e na caracterización da paisaxe. Entón, a partir do o feito de termos un investigador pioneiro e recoñecido por grupos de estudos de paisaxe en Madrid ou en Cataluña, pareceunos interesante recuperar esa dimensión e falar sobre este tema”. Esta conversa desenvolveuse no Pazo de Trasalba entre os dÃas tres e seis deste mes.
A importancia da paisaxe
“A paisaxe hoxe en dÃa é obxecto dunha convención europea, dunha declaración do Consello de Europa, e en todas as liñas de intervención sobre o territorio vai ser unha das liñas centrais”, destaca Lois. Na actualidade, segundo este investigador, “hai unha certa sensibilidade sobre os temas paisaxÃsticos”. E esta sensibilidade exprésase desde as mais diversas disciplinas. Os encontros contaron, por exemplo, coa presenza de especialistas en Literatura, en Historia, en Urbanismo, en Arquitectura, en Turismo ou en ordenación do territorio, ademais por suposto de xeógrafos. A paisaxe da emigración, a relación entre paisaxe e a construción da identidade e mesmo o emprego deste elemento como mercadotecnia son algunhas das cuestións que se abordaron nos encontros.
As imaxes das cidade
Co tÃtulo “As paisaxes e as novas identidades urbanas: a mercadotecnia das cidades”, Rubén Lois analizou as imaxes que as cidades proxectan e constrúen. “A sociedade da información constrúese a partir de imaxes. No caso das cidades, cada urbe tenta proxectar unha imaxe positiva, ás veces virtual ou retocada polos medios de comunicación”, apunta este xeógrafo, e apunta exemplos deste proceso. “As imaxes constrúense a partir de paisaxes urbanas, de escenas emblemáticas. O Obradoiro en Santiago, a Torre de Hércules ou as galerÃas da Mariña na Coruña, o Skyline de Manhattan...”. Lois non dubida en situar a Otero Pedrayo coma pioneiro galego nas análises deste tipo. “Na súa ‘XeografÃa de GaliciaÂ’ é o primeiro en darlle un carácter e un cualificativo a cada unha das nosas cidades, e anticipa o que son as imaxes urbanas contemporáneas. Cando no Rexurdimento falan da creación dun sentimento propio fano en clave literaria, a través da cultura e da lingua. MurguÃa e Vicetto falan tamén de elementos etnográficos e crean unha historia, pero a xente da Xeración Nós di tamén que a paisaxe é construtora da identidade. E iso que eles afirmaban entre os anos dez e os anos trinta é o que din agora os teóricos”.
Escaparates urbanos en Galicia
Evidentemente, non todas as cidades galegas posúen unha imaxe igual de definida.
“O modelo que hai en Galicia hoxe neste sentido é o de Santiago, cunha imaxe moi nidia e polisémica. A Coruña tampouco vai mal nese sentido. En Lugo por exemplo, aproveitaron a idea o Patrimonio da Humanidade e da Muralla como polo de atractivo. Tamén ten unha imaxe moi potente coa idea do San Froilán, do Pulpo e da Festa. En Ourense non teñen unha imaxe tan clara porque aÃnda deben definir a relación da cidade co rÃo e facer algunha intervención nas Burgas, pero por aà poderÃa moverse”, asegura este xeógrafo. Lois lembra que estas imaxes mudan constantemente nun intento de dar unha impresión constante de modernidade ao tempo que recollen elementos tradicionais, e apunta que o proceso de creación de imaxes afecta tamén a territorios non urbanos. “No medio rural todo o que se fixo de recuperación de casas de turismo ou de Denominacións de Orixe deu nunha imaxe de calidade”, apunta.
Ollar e camiñar
Dentro das actividades que se desenvolveron nas xornadas, e para alén das diferentes aproximacións teóricas á problemática da paisaxe, houbo varias propostas cun sentido práctico. “Cremos que a paisaxe hai que vela tamén andando, e aproveitamos aquelas paisaxes máis próximas a Otero Pedrayo”, destaca o membro do IDEGA. Unha excursión pola zona do Ribeiro e outra pola cidade de Ourense e mais un obradoiro no que se debateron as diferentes propostas e se puxeron en común unhas conclusións foron a vertente máis práctica deste evento. Segundo asegura David Santomil, un dos responsables da organización, “O obxectivo final é a edición duns documentos escritos con cada unha das conferencias presentadas”, que tamén incluirá estas conclusións. Santomil sinala a aceptación destas xornadas, que contaron con abondosos estudantes chegdos desde os campus de Compostela e de Ourense, e cualificou coma un éxito esta primeira edición da actividade. “Nós queriamos que Trasalba se convertese no centro de reflexión sobre a paisaxe en Galicia de aquà en adiante”, completa Lois. Agardamos que en vindeiros anos a casa de Predayo continúe a ollar a paisaxe.