O MARCO exhibe unha escolma de curtametraxes no Día Mundial da Animación

Un día moi animado

28/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O 28 de outubro é o Día Mundial da Animación. Por iso, algunhas das entidades que se encargan deste apartado dentro do mundo audiovisual quixeron festexar a efeméride cunha escolma do seu traballo. A Escola Galega de Animación Profesional de Vigo organiza unhas sesións de proxección e un debate. Pola súa banda, coincide coa celebración que o ámbito cultural de El Corte Inglés expón en Santiago unha mostra que recolle o proceso de creación de “Gisaku”, a longametraxe de animación de Fílmax, feita en parte nos estudios que a factoría ten en Compostela, Bren.

Máis información no web da Escola Galega de Animación Profesional e sobre Gisaku na súa ficha en AVG

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, AVG, Culturagalega, Vigo...