Caixa Galicia dá un salto na súa liña expositiva e presenta a maior mostra do Estado dedicada a Frida Kahlo

Autorretrato atormentado

28/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Hoxe abre en Santiago a maior exposición da historia da Obra Social de Caixa Galicia, e faino cun nome propio: o de Frida Kahlo. O seu universo atormentado e colorista recóllese nunha mostra que trae as súas obras máis representativas, unha selección de fotografías e obxectos persoais. Pero o mito de Frida está enraizado no seu contexto cultural, por iso a cultura mexicana tamén tiña que estar presente. Faino a través da súa gastronomía (cun curso de cociña), a súa música (cun ciclo de concertos) e a súa cinematografía (coa proxección de seis filmes). Ademais, na rolda de prensa de presentación o director xeral de Caixa Galicia, Xosé Luís Méndez, abriu a porta á posibilidade de completar esta revisión ao mito de Frida cunha mostra dedicada ao seu marido, o pintor Diego Rivera.

Máis información no web da Fundación Caixa Galicia sobre a exposición e as actividades complementarias

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, Gastronomía