Entre o 10 e o 12 de novembro a Asociación de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia Auliga- celebra en Rianxo a sexta edición do seu Seminario Internacional de Tradución e Poética. Este evento centra os seus encontros arredor dos creadores nas linguas española, galega e portuguesa, alén doutras convidadas para a ocasión, como é o caso do poeta francés Bernard Noël. Nos tres días do seminario reuniranse na vila coruñesa expertos en tradución e poesía que estudarán diferentes problemáticas e singularidades destes dous ámbitos. No seminario preséntanse as obras xa traducidas, do galego ao francés, dos autores Ánxeles Penas e Miguel Anxo Fernán-Vello, e do italiano ao galego, de Fabio Scotto. Realízase ademais un Obradoiro de Escrita (orientado ao público asistente e a alumnos de Bacharelato) e Tradución.
Máis información no sitio de Auliga