Nos últimos dez anos, o rural galego viviu unha pequena revolución. Casas vellas ou a piques de caer comezaron a se restaurar con toda a delicadeza e a se transformaren en aloxamentos de turismo rural. O apoio das institucións a este xeito de fixar poboación no agro e potenciar a viabilidade das explotacións agrarias conseguiu un oco destacado no mercado turÃstico. ¿Pero ata que punto este proceso foi un éxito?
Os datos dino claro. En 1993 habÃa en Galicia 34 casas de turismo rural. En 2004 a cifra medrara ata as 470. Nese mesmo ano pasaron algunha noite nestes establecementos 204.000 persoas. Os incentivos achegados pola Xunta para a restauración de casas destinadas a este fin, que en moitas ocasións chegaban ao 50% do custo das obras, animou a moitas persoas a poñer en valor antigas casas e transformalas en hospedarÃas.
O modelo non é novo, hai xa anos que paÃses europeos aproveitan os atractivos da natureza para o lecer como un xeito de viabilizar economicamente a vida dos campesiños, que complementan con este tipo de negocios o seu traballo no agro. Ademais, o turismo rural mantén a paisaxe tradicional e outórgalle novo valor a antigas construcións, aparellos e costumes, axudando a mantelos con vida.
Historia dunha actividade
“A nivel internacional comezou nos anos cincuenta en Francia, con xente que, logo de emigrar ás cidade querÃa visitar o campo e precisaba entón aloxamento”, explica Xosé Santos, xeógrafo que dirixe o Centro de Estudos e Investigacións TurÃsticas (CETUR) da Universidade de Santiago de Compostela. “No noso ámbito, a idea coa que se promoveu este sector era a de servir de complemento á actividade agrÃcola”, sinala. Segundo sinala este especialista en turismo, as primeiras tentativas a nivel estatal comezaron nos anos sesenta cunha polÃtica de apoios ás Casas de Labranza que colleitou un escaso éxito. “En Galicia as primeiras propostas modernas foron a comezos dos anos noventa, e a primeira lexislación xurdiu a mediados da década, ao igual que no resto do Estado”. Segundo destaca este xeógrafo, a explosión deste modelo turÃstico deuse ao mesmo tempo en diferentes zonas de Estado, “normalmente por influencia exterior, francesa no caso de Cataluña e de Aragón e portuguesa no galego”.
A relatividade do éxito
Segundo os datos do CETUR, a media anual de ocupación no conxunto das casas rurais galegas rolda o 18% do conxunto de cuartos existentes. Isto dificulta a rendibilidade das explotacións máis pequenas. Dos usuarios destes negocios, un 40% os usuarios son galegos, un 20% cento máis vén de Madrid e só nun 8% dos casos veñen de fóra do estado, o que dá unha idea do baixo impacto que ten este sector á hora de atraer estranxeiros. “O que é a recuperación das casas foi un éxito, outra cousa é falar da dinamización do agro ou de facer desta actividade algo complementario e mesmo alternativo á agricultura”, recoñece Santos. Neste sentido, está estendida a lenda da xente que aproveitou os subsidios para reparar as súas casas e que non desenvolve na realidade unha actividade hostaleira ou que prevé pechar o negocio en canto poida e quedar cunha flamante casa restaurada para emprego propio. “Hai indicios deste fenómeno pero está por demostrar. Evidentemente hai casas nas que resulta curioso que por moito se chame están sempre ocupadas ou onde ninguén colle o teléfono”, apunta o responsable do CETUR.
As casas e o agro
“Até o de agora non se cumpriu o obxectivo inicial, se consideramos que a maior parte das casas que existen son de grupo A ou B, é dicir, as de maior calidade, que pertencen normalmente a xente que non precisaba ese apoio”. Nestes grupos intégranse pazos, mosteiros, casas grandes e edificios destacados que responden a unha tipoloxÃa tradicional. “O número de casas que pertencen ao grupo C, é dicir, que complementan unha explotación agraria, é con moito o máis pequeno”, asegura Santos. “Estanse xerarquizando as explotacións, todos os que poidan van estar no grupo A e no B que permiten ter máis cuartos e achegan máis beneficios. Hai moita xente que mercou un pazo ou unha casa grande e que se dedica ao turismo rural como negocio. Tamén hai empresarios do téxtil ou de conservas que aproveitaron o subsidio para poñer en marcha un destes establecementos e que os aproveitan para levar alà os seus clientes”.
Mudanza na polÃtica
O pasado ano 2004, a Xunta anunciaba unha nova polÃtica sobre este campo ao crear unha nova categorÃa de aloxamentos, a D, que corresponde ás chamadas “Aldeas Rurais”. Deste xeito prÃmase a posta en marcha de negocios deste tipo fronte á posta en marcha de novas casas en zonas que xa conten con moitos servizos deste tipo. Estes novos lugares de aloxamento comprenden un mÃnimo de tres vivendas separadas por menos de cincocentos metros que deben complementar a actividade hostaleira coa agropecuaria e mais ofertar actividades de lecer. “A idea é seguir o modelo portugués, facer núcleos máis fortes e crear actividades complementarias porque esa si é unha eiva”, recoñece Santos ao tempo que sinala que faltan por coñecer as directrices do novo goberno neste sentido. “En xeral quérese insistir moito no tema das actividades complementarias”, apunta. “Moitas veces a xente non sabe qué facer nunha casa de Turismo Rural no caso de que chova, danse voltas pola zona, pero sen que iso cree dinamismo nin deixe nada na zona”. Esta ausencia, canda a falta dun sistema integrado de turismo que supere o concepto de aloxamento ou a falta de profesionalidade que se dá a miúdo na xestión, son algunhas das eivas máis destacadas deste campo no noso paÃs.
Tendencias do agro
En canto ás tendencias que pode desenvolver o turismo galego, Santos apunta a situación portuguesa, onde o sector ten un grado de desenvolvemento semellante ao de aquà e unhas eivas tamén similares. Deste xeito, no paÃs veciño están a se fechar moitos destes establecementos hostaleiros ante a baixa demanda, un fenómeno que poderÃa estender a Galicia se non se toman medidas para paliar este problema. “ConfÃo en que se poidan facer cousas, sobre todo de ter éxito a dinamización do mundo rural. Cómpre que haxa un verdadeiro agroturismo, con empresas dinámicas que asuman o liderado. Tamén fai falta que se creen novas empresas de actividades que aproveiten rÃos, camiños tradicionais, ciclismo de montaña, hÃpica, aproveitamentos da tradición ou cursos de inmersión lingüÃstica, que é algo que non se fai e que pode engadir atractivos á oferta”. De calquera xeito, este xeógrafo apunta que cómpre unha dinamización previa do rural para conseguir que o turismo implantado neste eido funcione: “Se non se parte dunha sociedade activa non se pode aplicar nela unha actividade tan dinámica coma o turismo. Primeiro hai que dinamizar a sociedade”.