Multitude de actos celebran o Día de Internet en Galicia mentres se manteñen os baixos índices de emprego da rede

Celebración precaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
O vinte e cinco de outubro celébrase, por primeira vez no Estado o Día de Internet. Esta celebración chega a Galicia cunha multitude de actos que pretende achegar esta ferramenta aos cidadáns. Deste xeito, o programa estatal Todos.es instalará un bus con acceso á rede na Praza do Obradoiro, mentres de a Obra Social Caixa Galicia ofertarase conexión de balde durante toda a xornada e en Lugo haberá unha busca do tesouro pola cidade entre outras propostas. De xeito simultáneo a Xunta anunciou que apoiará a obtención do domino .gal para o noso país. Esta celebración chega nun momento no que o noso país está á cola de acceso á rede con só un 25,5% da poboación que a emprega habitualmente.

Máis información en Galicia Hoxe sobre o Día de Internet, sobre o dominio .gal

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Galicia Hoxe, Caixa Galicia, Lugo...

Claves

Conceptos
Lugares