Marisol López presentará as liñas de actuación sobre o galego nos IX Encontros de Normalización Lingüística

Encontrarse coa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A celebración dos IX Encontros de Normalización Lingüística que organiza o Consello da Cultura Galega achegará, entre outra novidades, a presentacións das liñas de actuación da Dirección Xeral de Política Lingüística. A responsable deste departamento acudira mañá á sede da Escola Galega de Administración Pública, en Compostela, para abrir este evento. Ata o vindeiro día vinte e un os douscentos vinte inscritos coñecerán os últimos proxectos en investigación lingüística, os plans promoción da lingua no exterior e a aplicación do Plan Xeral de Normalización entre outras cuestións. Ademais, vinte e dúas entidades participan nunha mostra de actividades relacionadas coa lingua.

Máis información no web do Consello e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Política Lingüística, Dirección Xeral de Política Lingüística, Consello da Cultura Galega...