Arredor da metade do lixo galego é materia orgánica. Na actualidade, a maior parte deste material incinérase na planta de SOGAMA en Cerceda. Sen embargo, diferentes iniciativas están a apostar pola compostaxe, un tratamento sinxelo que transforma estes restos nun abono orgánico de calidade. As mudanzas de orientación na ConsellarÃa de Medio Ambiente poden darlle un importante pulo a este sistema.
Na actualidade a maior parte dos concellos galegos están integrados no plan de tratamento de lixo da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), centralizado na planta de tratamento de Cerceda. Esta proposta baséase na separación dos envases e mais do papel e na incineración do resto dos vertidos aproveitando o proceso para xerar enerxÃa. Sen embargo, existen no paÃs outras propostas para tratar o lixo. “Ata o 52% dos residuos domésticos son materia orgánica”, apunta Celestino Quintela, encargado de residuos da Federación Ecoloxista Galega. Ante esta cifra, que o Plan de Xestión de Residuos Urbanos da Xunta deixa nun 44%, é evidente a importancia que pode adquirir a compostaxe na xestión dos nosos residuos. Polo momento, ningunha das iniciativas que se presentaron en Galicia para aproveitar esta técnica pasa do ámbito comarcal.
O esforzo
O compost prodúcese mediante a acumulación de materia orgánica que será descomposta por diferentes bacterias xa presentes no propio lixo. Na compostaxe búscase a acción daqueles microorganismos que precisan osÃxeno para a súa vida, polo que cómpre remexer periodicamente a materia e mantela axeitadamente humedecida. En contra do que se poida pensar, non hai malos cheiros nin durante o proceso nin no produto final, en mantendo unhas condicións axeitadas. Como resultado obtense un abono orgánico de boa calidade que está especialmente indicado para recuperación de solos e que será máis rico canto máis variada sexa a materia orixinal.
Feito na casa
A sinxeleza do sistema permite realizar o tratamento da materia orgánica dentro propio fogar, sempre que se conte cun mÃnimo espazo. Desde a Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) levan desde hai xa anos a desenvolver un programa que consiste no reparto de composteiros caseiros. Trátase de caixóns adaptados para crear as condicións óptimas nas que a materia orgánica se transforma neste abono. Dun xeito semellante, na Illa de Arousa e mais no Barco de Valdeorras desenvólvese cadansúa iniciativa local para que en cada casa se faga esta xestión de residuos orgánicos. Nunha liña semellante, a Universidade de Vigo presentaba hai poucas semanas unha unidade de compostaxe móbil. Trátase dun camión con depósitos preparados para albergar ata vinte toneladas de residuo e cunha monitorización completa do proceso. Esta instalación permite tamén analizar a composición dos restos e optimizar a temperatura e aireación para cada tipo.
Ao xeito industrial
Ademais do tratamento individual, a compostaxe pode ser aplicada de xeito masivo para tratar os residuos urbanos. “As plantas non precisan de grandes instalacións para funcionar. Cun lugar cuberto para protexer a materia orgánica da chuvia e unha escavadora para remexela cando sexa necesario abonda”, explica Quintela. Sen embargo, existen posibilidades para optimizar o proceso, como é a construción das cámaras coñecidas coma biodixestores. Deste xeito está a se experimentar en Galicia na planta coruñesa de Nostián e mais na de Lousame. No caso da Coruña, Nostián trata os residuos da Cidade Herculina canda aos concellos do Consorcio das Mariñas (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Carral e Oleiros). Esta planta, ademais de producir compost, aproveita os gases combustibles que xorden do proceso para producir enerxÃa. “Nostián ten capacidade para producir un compost moi bo, ademais na Coruña a xente separa moi ben o lixo, pero a planta está orientada de máis á produción enerxética en detrimento do compost”, asegura Quintela. A ConsellarÃa de Medio Ambiente anunciou o pasado once de outubro un convenio de colaboración con este centro polo que SOGAMA se fará cargo dos restos non compostables da planta e enviara á mesma parte da materia orgánica que almacena en Cerceda. Pola súa banda, a planta de Lousame trata os residuos de Carnota, Brión, Lousame, Muros, Porto do Son e Rois, obtendo un compost que desde a FEG aseguran “ten moi boa calidade”. Tamén os concellos do Morrazo iniciaron anos atrás a construción dun centro semellante, que finalmente non se chegou a poñer en marcha ao se incorporar estes municipios ao plan SOGAMA.
Problemas do compost
“O básico para facer compostaxe é unha boa separación en orixe dos residuos”, explica Quintela. “O sistema SOGAMA preocúpase da separación de envases no contedor amarelo, o papel e logo o resto vai para o verde. Para o compost terÃa que haber un contedor só para materia orgánica, o papel á parte e o resto poderÃa ir xunto, xa que é máis sinxelo separar os envases de xeito industrial”. Canda a este problema para a produción, o compost galego ten un problema de comercialización. A normativa que o anterior goberno da Xunta impuxo sobre a calidade deste abono impide na práctica o seu emprego en tarefas agrarias. “Os parámetros de calidade que se lle esixe en Galicia ao compost para poder ser empregado na agricultura convencional son os mesmos que na Unión Europea se lle solicitan ao compost para agricultura ecolóxica”, apunta Quintela. “E a produción galega non cumpre, en xeral, estes estándares”. Isto fai que nalgunhas das instalacións industriais se teñan almacenado grandes cantidades de compost sen máis saÃda que aplicacións en xardinerÃa e agricultura que non sexa para consumo humano. Por outra banda, O plan de residuos actualmente en vigor prevé para o ano 2010 a compostaxe dun quince por cento dos residuos, unha cantidade moi inferior ao obxectivo que marca o Plan Nacional de Residuos Urbanos, que cifra nun corenta por cento a cifra desexable para a fin do ano 2006.
No futuro
O novo conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciou mudanzas no plan de tratamento do lixo. A compostaxe terá, segundo apuntou o propio conselleiro, unha maior importancia no futuro. Desde este departamento, en calquera caso, sinalan que é aÃnda moi cedo para adiantar propostas concretas ao respeito. A Federación Ecoloxista fixo xa un decálogo de medidas mÃnimas para un plan de residuos que busque a sustentabilidade, e que pasa por tratamentos descentralizados a nivel comarcal e o abandono progresivo da incineración. Os ecoloxistas propoñen tamén un emprego para este material. “O compost é unha alternativa viable para recuperar a materia orgánica dos solos galegos, que está a desaparecer”, sinala Quintela.