A entrega dos Premios Nacionais aos Libros Mellor Editados que se fixo venres en Madrid tivo nome galego. Kaladraka, pola edición de Artefactes e Nova Galicia, por Quessada. Arte e liberdade, levaron os premios aos libros mellor editados ao longo de 2003 nas categorías infantil e xuvenil e na de arte, respectivamente. Mentras, esta mesma mañá anunciábase que o galego Juan Farias fíxose co I Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil polo conxunto da súa obra.
Máis información en La Voz de Galicia sobre os premios de edición; sobre o premio de Juan Farias