O Simposio Internacional Letras na Raia reunirá nas vilas de Goián e de Vila Nova da Cerveira escritores galegos e portugueses entre os vindeiros catorce e dezaseis de outubro. Este encontro, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, contará coa participación de diferentes autores coma José Viale Moutinho, Francisco Salinas Portugal, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Fernán Vello, Antón Riveiro Coello, Pilar GarcÃa Negro ou Bernardo Penabade. No programa recóllense diferentes mesas redondas que analizarán os máis variados aspectos das relacións entre as dúas literaturas.
Máis información en La Voz de Galicia e en La Región