Está en marcha a creación de Rinoceronte Editora, que se especializará na tradución para o galego de autores internacionais

Un rinoceronte no mundo editorial

Alessandro Baricco, Julian Barnes, Michel Houllebecq, Giuseppe Ferrandino ou Arto Paasilinna son algúns dos autores que poderemos ver en breve traducidos ao galego. Un equipo de persoas dirixido polo Moisés Barcia, autor da versión galega de “O Señor dos Aneis”, está a ultimar a posta en marcha de Rinoceronte Editora, unha empresa que prevé especializarse na tradución para a nosa lingua de autores internacionais. Polo momento, e pendentes aínda de diferentes cuestións, agardan poder facer unha presentación oficial do proxecto e mais dos primeiros lanzamentos para comezos de 2006.

Máis información no web da axencia literaria PFD, máis sobre Barcia nos nosos arquivos