Breogán Pérez é un estudante universitario afeccionado ás letras que dedicou ao longo do último ano o seu tempo libre a escribir unha novela, a grande obra que precisaba a literatura galega. Logo de horas e horas de traballo, este autor ten nas súas mans un manuscrito (en realidade unha copia impresa e mais un documento electrónico) amplamente gabado por amigos e coñecidos que puideron acceder a el. Pérez quere que un editor a valore e a publique. ¿Que ten que facer para ver a súa obra feita libro?
Segundo recomenda a propia Asociación Galega de Editores no seu web, un primeiro paso intelixente é rexistrar a obra no Rexistro da Propiedade Intelectual antes de a facer pública, para evitar plaxios ou semellanzas sospeitosas. Logo de cumprido este trámite, este web aconséllanlle ao Breogán que “para buscar un editor ou editora a vÃa máis rápida é localizar, segundo o tipo de obra orixinal, as editoriais que poderÃan estar especializadas nese xénero”. Pero como o que ten Breogán entre mans é, segundo el, a novela definitiva da literatura galega, valerÃanlle a maior parte dos editores do paÃs, e como el quere conseguir a máxima difusión da súa obra, proba a enviarlles o seu orixinal ás máis grandes do paÃs.
EnvÃos
Coma a maior parte dos autores noveis que fan chegar á súa obra á editorial, Breogán manda unha copia por correo ordinario, e acompáñaa cos seus datos de contacto e unha solicitude de atención. Segundo asegura Manuel Bragado, directorde edicións Xerais, “hoxe os manuscritos recÃbense nun 70% en papel e nun 30% en correo electrónico”. Desde o web dos editores recomendan tamén enviar un resumo ou Ãndice que facilite o coñecemento do libro, pero Breogán é un clásico e opta por mandar o manuscrito, ou mais propiamente, mecanoscrito, camiño a Vigo para que o vexan, por exemplo Xerais e Galaxia. A partir deste momento, este texto entra nos circuÃtos de produción editorial, e Breogán unicamente pode agardar unha resposta. Mentres comeza a escribir a segunda grande novela galega.
Servizos de información
En chegando á editorial, a novela pasa ás mans do director ou do responsable de narrativa, segundo o caso, canda a moitas outras que se recibiron do mesmo xeito. Este será o responsable de facer unha primeira escolma de textos e de dirixilos, de ser necesario, cara seccións coma a de literatura infantil. Hai que pensar que as editoras con máis soleira do paÃs poden recibir entre sesenta e cento cincuenta manuscritos de autores noveis deste tipo, segundo aseguran os seus responsables. Supoñendo que a novela pasa esta primeira criba, tanto Xerais coma Galaxia recorren ao asesoramento de lectores que realizan informes sobre cada libro. “A maiorÃa dos manuscritos mándanse a facer informes” asegura Manuel Bragado, un extremo no que coincide con Carlos Lema, director de edicións en Galaxia. Estes informes corren por conta de lectores que traballan para as diferentes editoriais e que son os encargados de valorar o texto. Sempre son persoas externas á editora”, puntualiza Bragado, “agora mesmo temos catro ou cinco, se teñen responsabilidade sobre unha colección aparecen os seus nomes, se non forman parte dunha lista privada que mantemos”. A estrutura destes informes segundo aseguran os dous editores, consiste en textos valorativos de catro ou cinco folios que inclúen unha descrición do tema da novela, un resumo do argumento que destaca os puntos máis interesantes do texto, unha valoración da obra e, finalmente, unha conclusión que recomenda ou non a publicación. Tanto Bragado coma Lema coinciden en que estas análises fanse atendendo a cuestións fundamentalmente literarias. Os informes serven a miúdo, en fases posteriores, para traballar os textos canda ao autor.
Análises de volta
Logo disto, os informes chegan ao correspondente encargado, que canda a outros responsables da editorial analizan e debaten as posibilidades do texto atendendo xa ás cuestións estratéxicas da editorial. A existencia ou non de coleccións axeitadas, a tendencia cara a unha liña determinada, un exceso de proxectos, o solapamento con outras obras de tema semellante... os criterios son múltiples. Segundo explica Bragado, “ás veces para tomar as decisións hai que atender a cuestións coma os lÃmites. Se queremos sacar ao ano dez ou doce tÃtulos de narrativa, ao mellor temos quince que nos gustarÃa publicar, pero hai que ter en conta o calendario, as posibilidades do autor para entregar a tempo, se a obra pode agardar...”. Desde Galaxia, Lema asegura que “cando xa un manuscrito ten un certo nivel de aceptación é raro que ao final non se acabe publicando, pero pode acontecer no caso de ser algún orixinal que polas súas caracterÃsticas esixa un tipo de edición que non vemos axeitada ou que non encaixa na nosa liña”. En xeral, os editores coinciden en que os manuscritos que non se aceptan son devoltos aos autores sen incluÃr valoracións dos mesmos. “Non nos corresponde aconsellar a ninguén, asumimos que podemos estar errados no noso criterio”, recoñece Bragado.
Agarda e entrevista
Este proceso require, como se imaxinará, unha certa cantidade de tempo ante a cantidade de xente que debe ler (e nalgúns casos reler) a novela. Pero o noso autor non sabe nada disto, e logo de dous meses comeza a se impacientar. “O proceso ten unha certa demora” recoñece Lema, “o tempo de edición dun libro pode oscilar entre un mÃnimo de dous meses e un máximo de seis ou oito, que nalgúns casos mesmo se pode alongar máis”. De calquera xeito, unha vez que a editora decide apostar por unha obra, o seguinte paso é contactar co autor para realizar unha entrevista persoal. Deste xeito, mentres Breogán está a desenvolver a súa segunda grande novela, recibe unha chamada dunha destas grandes editoriais e, desta volta, é el mesmo quen se dirixe emocionado a Vigo para negociar coa empresa e deixar a súa pegada na historia das nosas letras. A entrevista persoal é para as editoras un requisito imprescindible no noso paÃs. Neste encontro negóciase como se farÃa a posible publicación, “Fálase das condicións de edición, da colección, caracterÃsticas, o prazo para editar...”, sinala Lema. En realidade esta ha ser só a primeira de toda unha serie de xuntanzas nas que o editor traballa canda ao autor o texto. Porque, aÃnda que Breogán non era moi consciente disto, a súa grande novela precisa de ser pulida.
Contrato
Ademais destas cuestións a entrevista sirve para acordar os aspectos máis puramente económicos da publicación do libro. A porcentaxe que cobra o autor en concepto de dereitos, que adoita oscilar entre o sete e o dez por cento, o tempo máximo que se estima para a publicación da obra, as condicións de cesión da obra (para un ou para varios idiomas), os compromisos que adquiren as dúas partes de cara a promoción do libro e mesmo cuestións coma a posible descatalogación da obra. AÃnda que é imposible que iso aconteza coa novela de Breogán, claro.
Revisións
Logo de asinado o contrato comeza o proceso miúdo de revisión. Breogán revisa, reescribe e envÃa ao seu editor as mudanzas na novela, que son comentadas e de novo analizadas polo escritor. “Concibimos que a edición é un diálogo onde as dúas partes propoñen e escoitan. Pódense apuntar cambios, correccións de estilo, de edición ou tipográficas”, sinala Bragado. Do mesmo xeito, Lema recoñece que “persoalmente, como editor poño moito tempo no traballo dos textos e fago moitas suxestións. Logo o autor decide se as ten en conta ou non”. De calquera xeito, non sempre fai falta botar horas e horas a mellorar diferentes cuestión. “Hai textos que se publican case tal e como chegan, non se lles fai practicamente nada”, recoñece Lema, “a outros suxÃrenselles mudanzas de todo tipo”. A pesar de que Breogán Ãa cara a Vigo convencido de que, na realidade, a súa obra só precisarÃa dunha mÃnima revisión, ao longo do traballo de edición vai recibindo con agrado e interese as suxestións que lle fai o editor, do mesmo xeito que a maior parte dos seus colegas que afrontan o reto da edición.
Tempo de edición
O tempo transcorre entón entre lecturas, correccións, xuntanzas e novas modificacións.
“É unha queixa tÃpica dos autores que os tempos son moi longos, pero deben ter certa folgura porque a obra literaria require unha distancia. Hai casos nos que pode ser bo escribir e publicala xa inmediatamente, per na maiorÃa dos casos non é bo, o proceso de edición axuda ao lector a se afastar da obra e vela doutra maneira”. Deste xeito, Breogán vai facendo versións e versións, lecturas e relecturas mentres a súa obra vai pasando correccións e procesos.
Portada e últimos cambios
A elección de portada é outro momento no que o autor e o editar deben negociar de novo. En Galicia é habitual, cando menos nas grandes firmas, que o autor sexa consultado sobre este aspecto da edición. “O proceso de selección das cubertas é longo, parécenos un proceso importante e non é estraño que haxa libros que mudan varias veces de cuberta”, apunta. Para Lema “O libro non está acabado mentres non estea impreso. Hai autores que traballan o texto ao longo das diferentes fases de corrección e mesmo logo poden facer mudanza substanciais nas propias probas de impresión. Exemplo disto son as probas de Joyce e de Proust, que eran desesperantes para o editor”, lembra Lema. Esas probas son aÃnda corrixidas varias veces por diferentes persoas para evitar que aparezan erros tipográficos. Pónselle un ISBN (número que identificará o libro internacionalmente), un depósito legal,escrÃbese o pé de imprenta, o texto de lapela e o de contracapa e vai para a imprenta.
Últimos pasos
Logo dunha última revisión sobre as probas tal e como van entrar na máquina, entra o libro en imprenta. En ocasións, en saÃndo de alÃ, aÃnda vai a outra empresa para a encadernación. Vai unha mostra do traballo para a editora e, de estar todo ben, mándase o conxunto da edición para o almacén. É entón cando Breogán recibe na súa casa os arredor de vinte libros que, de xeito habitual, son enviados aos autores en Galicia. Xa ten o autor unha lista de agarda de amigos e coñecidos para repartir. Comeza agora a fase de comercialización da obra, os problemas de distribución, as entrevistas promocionais, as presentacións da obra... O noso autor está a descubrir que o traballo do escritor non acaba na escritura.