As mulleres están en pé de guerra. Unha muller dirixirá o buque insignia do teatro galego, o CDG, hai máis mulleres que homes na profesión e a temática feminina anega o mundo das táboas. Nuns casos por puro feminismo, noutros porque lles cadra e outras porque lles gusta. En Galicia hai varias compañías de teatro formadas única e exclusivamente por mulleres e cada unha delas ten o seu universo dramático particular.
As Esmorganas, Virxes e Tangatutanga Teatro teñen en común que son tres compañías de teatro que están formadas, dirixidas e interpretadas por mulleres. Pero ese é o seu fío de conexión, xa que logo cada unha delas camiña por derroteiros simbólicos ben diferenciados.
Unha necesidade, unha resposta
As Esmorganas, explica Alva Ansia Calviño, unha das súas compoñentes, naceron porque queríamos tratar o tema do feminismo dunha forma orixinal e pensamos que esta era a mellor forma de facelo. Pola súa banda, Andrea Álvarez conta que Virxes nace no inverno de 2004 a partir dun imaxinario estético moi particular que reinventaba as relacións da igrexa católica coa muller-fetiche, unha muller que se desprende do sentimento de culpa de Eva. Por outro lado, Beatriz Bravo, di que en Nove tolas con Mario de Tangatutanga Teatro, pretendíamos facer un cambio de roles e satirizar escenas da vida cotiá. Precisamente esta obra foi un pouco peculiar, porque tivo varias versións en función do número de xente que se incorporaba ao grupo, así a súa directora, Beatriz Bravo, explica que fomos once, logo sete e máis tarde nove tolas con Mario.
O eterno feminismo
A cuestión do feminismo salpica por momentos as súas montaxes, pero cada unha entende por tal unha cuestión diferente. Andrea Álvarez explica que A temática de Virxes xira en torno á muller, pero precisamente para deconstruir a idea do eterno feminino que tanto dano nos ten feito. Para ela o seu proxecto é inherente a súa propia personalidade, e preguntase ¿como crear desde outro lugar que non sexa o noso corpo de muller, a nosa voz, a nosa mente?. A montaxe estreouse nun dos lugares máis destacados do panorama independente, a Sala NASA, e agora anda por xira en Vigo (pódese ver esta noite no Teatro Ensalle).
Para As Esmorganas, abordamos o feminismo desde o punto de vista máis divertido, de xeito máis orixinal porque para falar desde o lado político xa están tanto a Marcha Mundial das Mulleres como outros organismos. E Alba insiste aínda máis deste xeito queremos rachar co tópico de que as feministas sempre saen cunha pancarta pola as rúas, nós temos unha vocación máis didáctica e lúdica.
Apto para homes
Do teñen que ser todas mulleres de As Esmorganas a habitualmente somos todas mulleres de Tangatutanga Teatro, entran as diferenzas de matiz destas compañías. Para unhas a presenza masculina redúcese pola pouca motivación deste sexo a implicarse en proxectos de teatro afeccionado. Bea Bravo, directora de Tangatutanga conta que a súa experiencia a leva a afirmar que aos homes lle custa máis implicarse en proxectos deste tipo, mentres que as mulleres están máis dispostas a asumir riscos e a atreverse con diferentes obras. Para outras, os homes desenvolven outros papeis non menos importantes: como público. Nesta obra (a última montaxe das Esmorganas chámase A maça de Eva) pedimos a participación de homes do público, ás veces sérvennos para pousar as cousas que empregamos na montaxe, ás veces fan de presentador de cada un dos diferentes sketchs.
Tangatutanga ten rachado con esa regra de que sexan exclusivamente feministas en nalgunha montaxe anterior ten contado con varios homes. Un feito que non condicionou a temática das obras senón que, como explica Bea, nos posibilitou facer un intercambio nos roles, onde os rapaces interpretaban papeis femininos e viceversa. Bea ten experiencia en teatros femininos porque participou nun grupo anterior con Socorro Vedo e Victoria Ledo que se chamaba Tacón teatro que se adscribe a esta tendencia. A temática de mulleres gusta e calla no teatro afeccionado, aínda que non só neste. A compañía profesional Lagarta, lagarta conta cun reparto exclusivamente feminino, aínda que o directior é un home, Lino Braxe.
O poder feminino
O universo feminino é unha temática recorrente en todas estas formacións, pero cada unha desde un punto de vista diferente. Tangatutanga e As Esmorganas fan pequenos sketchs que, na maioría dos casos recorren a textos do dramaturgo italiano Darío Fo. Nós, explica Alba, queríamos satirizar situacións da vía cotiá que cremos que son universais en cada situación e se dan en diferentes situacións e momentos. Por outra banda, o espectáculo homónimo de Virxes xorde, explica Andrea, da idea de xogar co concepto de virxindade, a partir da máxima recollida pola sexóloga Charley Ferrer, que escribiu que a "a virxindade é máis un límite mental que un estado físico actual. En tempos antigos chamábaselle virxe á muller que era capaz de decidir por si mesma". As
virxes dos altares levantados nun mundo aparentemente de homes en realidade eran mulleres de carne e oso. Con este referente Sonia Méndez e Andrea Álvarez puxéronse a elaborar os primeiros textos e, máis tarde, coa chegada de Paula Sanmartín foi collendo forma de cabaret. Iso si cabaret iconoclasta despoxado da frivolidade propia do seu xénero matiza Andrea. De Cabaret vai tamén a última entrega de Tangatutanga, un Cabaret bíblico no que se reescribe a historia do xénese desde un punto de vista puramente feminino.

Teatro de Mulleres
Montaxe: Virxes.
Grupo: Virxes
Teatro de Mulleres
Montaxe: Virxes.
Grupo: Virxes
Teatro de Mulleres
Montaxe: Virxes.
Grupo: Virxes
Teatro de Mulleres
Montaxe: Virxes.
Grupo: Virxes
Teatro de Mulleres
Montaxe: A Maça de Eva.
Grupo: As Esmorganas
Teatro de Mulleres
Montaxe: A Maça de Eva.
Grupo: As Esmorganas