Arquitectos canarios reivindican no Consello da Cultura o respecto do urbanismo polo contorno

Respectar o contorno

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Aínda que median moitos quilómetros, entre Galicia e Canarias hai similitudes se falamos dos problemas da arquitectura. Así o evidenciou hoxe o arquitecto Héctor García Sánchez quen denunciou os desastres feitos nas illas a nivel urbanístico. Por iso, avogou por “analizar, entender e interpretar o medio antes de construir”. Unha máxima universal válida para calquera territorio e que forma parte da segunda sesión das xornadas “A arquitectura desde Canarias” coas que o Consello da Cultura Galega quere achegar a perspectiva arquitectónica feita noutras partes do Estado.

Máis información no web do Consello

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Canarias, Arquitectura, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos
Lugares