A Xunta anuncia a súa intención de facer de Pontevedra a capital galega das artes

Capitalizar a arte en Pontevedra

29/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ademais de contar en breve cunha nova escola de gravado e de cerámica, Pontevedra verá no futuro novos investimentos da Consellería de Cultura. Ánxela Bugallo, titular deste departamento, anunciou a súa intención de facer da cidade a capital das artes de Galicia. No marco deste proxecto sinalou que se revisará o plan da Illa das Esculturas e que se buscará a implicación da Universidade de Vigo. A Facultade de Belas Artes, a Bienal da Deputación Provincial, o Museo e a Escola de Canteiros son algúns dos elementos nos que a consellería quere apoiar o seu proxecto.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Ánxela Bugallo, Belas Artes, Deputación Provincial...