Pontevedra contará cunha escola de cerámica e outra de gravado a partir do vindeiro ano

Aprender artes en Pontevedra

9/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A primeira visita de Luís Bará, director xeral de Creación Cultural a Pontevedra, onde exerceu como concelleiro de cultura, deu no anuncio dun incremento das dotacións culturais nesta cidade. Unha Escola de Gravado e Cerámica instalarase a partir do primeiro trimestre de 2006 no soto da sala Teucro, actualmente sen emprego e dependente da Delegación de Cultura. Bará indicou que este novo espazo deberá establecer unha relación constante con institucións coma a facultade de Belas Artes para "promover Pontevedra como cidade das artes de Galiza". Na actualidade este espazo xa se emprega para obradoiros de esmalte e cerámica.

Máis información en La Voz de Galcia e no Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Luís Bará, Belas Artes, Diario de Pontevedra...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares