Nun mundo globalizado, a importancia de contar con traducións é fundamental para asimilar unha cantidade crecente de información. No caso dunha cultura minoritaria como é a nosa, este proceso revélase tamén imprescindible para exportar os nosos produtos culturais, ao tempo que ten unha importancia decisiva na normalización do idioma ao permitir dispor en galego dos máis diversos produtos. Aos poucos, este sector está a incrementar o seu recoñecemento en Galicia, paliando unha eiva secular.
Hai non moito, un prestixioso xornal galego anunciaba publicamente o lanzamento dunha colección de clásicos universais vertidos para a nosa lingua. A publicidade dada a esta iniciativa fixo que moita xente se decatase por primeira vez de que se pode acceder ás grandes obras escritas da humanidade no noso idioma. Ou, cando menos, de que se debería poder. Afortunadamente, cada vez son mais os libros que se traducen para o noso idioma, e nos últimos tempos comezan a aparecer nas librerías versións de éxitos recentes coma O código Da Vinci ao tempo que sae a súa edición en castelán ou pouco despois da mesma. Tristano morre, de Antonio Tabucchi, O fillo do acordeonista de Bernardo Atxaga, O pelo de Vant Hoff de Unai Elorriaga son outras mostras da tradución de obras recentes.
Profesionais
A creación hai xa varios anos da Escola de Tradución e de Interpretación en Vigo deu na aparición, por primeira vez dunha importante oferta de tradutores titulados no noso país. Deste xeito paliouse unha eiva xeral na edición galega, que historicamente deixara pouco espazo para as traducións. Existen de calquera xeito iniciativas pioneiras coma a tradución de fragmentos do Ulises de Joyce que realizara Otero Pedrayo para a revista Nós xa en 1926, antes mesmo de ningunha outra versión na Península. Aos poucos, este colectivo de profesionais comezou a reclamar o recoñecemento da importancia que ten o seu labor. Deste xeito, naceron colectivos coma a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI), que, segundo nos explica Saleta Fernández, a súa vicepresidenta, xurdiu por iniciativa de xente que estudou Tradución e Interpretación para cubrir a necesidade de unir todos os profesionais, porque a maioría somos autónomos e non temos un punto de encontro. A mellora das condicións laborais, establecendo unhas pautas para tarifas, contratos e protocolos de traballo son algúns dos fins deste colectivo. Tamén tentamos fomentar a tradución cara ao galego, especialmente en empresas, completa.
Mudanzas no traballo
A escaseza de traballo neste campo fixo que, historicamente, a tradución para o galego tivese unha alta compoñente de militancia. Sen embargo, os especialistas consultados coinciden en que o panorama está a cambiar. Si se está a dar unha mudanza, pero pequena. É certo que ata o de agora a tradución era un traballo case voluntario. Agora vaise facendo posible a profesionalización, porque hai encarga de novela actual e porque se ve que pode ter mercado, como aconteceu con O señor dos aneis ou con O código Da Vinci. En xeral dáse un certo cambio cualitativo, con campos de traballo como pode ser Internet, pero é aínda unha mudanza moi tímida a nivel de cantidade, destaca Saleta. Desde a AGPTI sinalan que hai bastante xente en Galicia con traballo abondo para vivir da tradución, e apuntan que moitos intérpretes formados en Vigo son chamados mesmo desde fóra do país. Curiosamente, desde este colectivo recoñecen que o audiovisual non é un campo que polo momento lles estea a achegar unha carga importante de traballo, tirando a tradución de filmes e producións foráneas para a TVG. Un tipo de labor que está a incrementarse timidamente nos últimos tempos é o que se realiza para empresas, segundo explica Saleta González. A tradución empresarial move moita xente en xeral, pero para o galego hai moi pouco traballo. Na maioría das empresas non solicitan nunca ou case nunca a tradución e interpretación ao galego. O que mais se move neste sentido é a nivel institucional, á hora de organizar congresos e outros eventos e logo entre entidades que por algún motivo teñen mais conciencia do idioma e queren traducir ao galego.
Tradución militante
A pesar do incremento na profesionalización do campo, continúan a existir iniciativas que desenvolven a tradución coma unha militancia. Para alén das diferentes propostas voluntaristas de traducir software ao galego coma os proxectos Trasno e Ceibe, existen aínda outras variantes que inciden na importancia social da tradución. Tradutores Sen Fronteiras, por exemplo, é un grupo que naceu xa en 1995 desde a Facultade de Tradución e Interpretación co obxectivo de ofertar os seus coñecementos a ONGs e causas solidarias. Segundo explican no seu web, pretenden por unha banda, axudar a outras ONGs a traducir documentos de traballo e a interpretar sesións de traballo, xornadas, conferencias, congresos, cursos, etc. Por outra banda, e ó tempo que desenvolvemos este labor voluntario, queremos ofrecerlles ós alumnos da nosa licenciatura a oportunidade de entrar en contacto, nunha situación real, co que vai se-lo seu traballo futuro como profesionais da tradución e da interpretación Deste xeito, o grupo ten colaborado con diferentes colectivos e desempeñou unha intensa actividade durante todo o período do Prestige traducindo para o galego novas da prensa internacional, co fin de facer chegar ao público unha información o máis plural posible sobre o caso.
Biblioteca virtual
Desde outro punto de vista, a Asociación de Tradutores Galegos puxo en marcha en 2002 a Biblioteca Virtual de Traducións ao Galego (BiVir). Esta iniciativa verte para o noso idioma clásicos da literatura universal libres de dereitos de autor, e ponos na rede a disposición de particulares e de docentes que os queiran empregar. O traballo dos tradutores, iso si, está debidamente pagado e estes traballadores conservan os seus dereitos sobre a tradución que realizan. Obras coma A guerra dos mundos, Acuso, ou Á busca do tempo perdido están xa no noso idioma en Internet. Este mesmo colectivo é o organizador do Simposio Galego de Tradución, que se celebra desde o ano 2000 na Universidade de Vigo e edita a revista Viceversa, única do país dedicada a este campo. Hai só catro anos a Fundación Plácido Castro creou o galardón homónimo para premiar as mellores obras publicadas dentro desta Biblioteca Virtual. Outro certame semellante na Universidade de Vigo valora os traballos deste tipo desenvolvidos no país.
A outra biblioteca
Unha das últimas novas que saíron no campo da tradución foi a posta en marcha por parte de La Voz de Galicia da Biblioteca Galega de Clásicos Universais. Desde a AGPTI, Saleta Gómez dálle a benvida a esta iniciativa Paréceme ben, porque o xornal fixo unha cobertura importante do tema e así fálase durante uns días da tradución e do importante que é para normalizar un idioma. Ademais, permite rachar un pouco a idea de que o consumo da lingua estranxeira ten que pasar polo castelán.
Cara á fora
Non podemos esquecer tamén o incremento de obras galegas que se verten para o exterior. De cara á exportación, Manuel Rivas, Suso de Toro, Xosé Carlos Caneiro ou Alfredo Conde son algúns dos autores actuais que xa se poden ler en español, inglés, alemán ou ruso. Autores xa clásicos das nosas letras coma Castelao, Rosalía ou Cunqueiro pódense encontrar tamén noutras linguas. Kalandraka editora exporta as súas obras desde Pontevedra a Corea ou Reino Unido e edita ademais en español, catalán, vasco ou portugués. A pasada primavera o Pen Club e mais a Asociación Galega de Editores acordaron no Salón do Libro de Casablanca verter ao árabe Se o vello Sinbad volvese ás illas e traer ao galego unha escolma de poetas desta cultura. Aínda máis recentemente, en setembro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega acordaba coa Xunta desenvolver un programa para potenciar o coñecemento da nosa literatura no estranxeiro. Todas estas iniciativas non fan máis que augurar un incremento na translación literaria e, por tanto, de puntos de encontro para a nosa lingua.