Só un de cada dez galegos pode ser considerado “portador” da cultura tradicional, segundo os datos da candidatura a Obra Mestra da Humanidade

Nós portamos, Madrid apoia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Algo máis de 200.000 persoas en toda Galicia poden ser consideradas a día de hoxe portadores da nosa cultura tradicional. Así o afirman os colectivos que promoven a declaración coma Obra Mestra da Humanidade do patrimonio inmaterial común galego-portugués. Estes colectivos realizaron un traballo de campo no consideraron portador “aquela persoa que no seu saber ten a cultura tradicional e pode expresala se se lle dá a oportunidade para facelo e mesmo para transmitila”, segundo explica Xabier Prado, un dos organizadores desta iniciativa. Para hoxe, e segundo informa La Opinión, está previsto que o Congreso dos Deputados vote unha proposición non de Lei do BNG apoiando a candidatura galega a esta distinción que outorga a UNESCO.

Máis información en Galicia Hoxe, e no web da iniciativa

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Portugués, Galicia Hoxe, La Opinión...