Con seis libros en galego de escritores e ilustradores autóctonos presentouse en Santiago o selo editorial Planeta & Oxford dirixido ao lector infantil. Na colección Camaleón dirixida a rapaces de entre seis e doce anos a través das series amarela, laranxa ou verde, aparecen obras de Juan Farias, Xoán Babarro, Fina Casalderrey, Ana María Fernández e Xosé Antón Neira Cruz por partida dobre. Entre os ilustradores a colección conta con Ánxeles Ferrer, Jacobo Fernández, Kiko da Silva e Xan López Domínguez entre outros. O selo creado da unión entre Oxford University Press e o Grupo Planeta editará a estes autores en galego e tamén en catalán e castelán, e está prevista tamén a publicación en éuscaro. Segundo as representantes do selo este nace coa vocación de chegar a todas as aulas do país preparados de acordo cun plan de lectura para o que inclúen materiais adicionais cos que traballar nas clases.
Máis información en Galicia Hoxe