Un consorcio de empresas rusas anunciaba a finais de agosto a súa intención de rescatar do fondo da ría de Vigo os galeóns que se afundiran durante a Batalla de Rande, en 1702. Este anuncio provocou de inmediato toda unha serie de reaccións ante a proposta de trasladar a Rusia unha boa parte das pezas encontradas e reconstruír alí un dos navíos. Por se fose pouco, varios investigadores reclaman os seus dereitos sobre os restos. Cal é a realidade legal destes tesouros?
Rescatar vinte e dous galeóns que están mergullados debaixo do lodo da Ría de Vigo desde a batalla de Rande, en 1702, e levar a metade do que encontren e todas as pezas dun navío para Rusia. Esta é a proposta que o consorcio ruso San Simón GmbHi.gr lle presentaba recentemente á Xunta coa intención de conseguir os permisos de extracción. O investimento necesario para desenvolver esta tarefa son máis de douscentos millóns de euros, que estas empresas agardan rendibilizar coa apertura dun museo en Moscú no que se amosarían estas pezas e un barco reconstruído, ademais dos beneficios que poidan tirar de documentais e doutros dereitos. O problema disto é que a lexislación sinala que todo o que apareza nunha investigación arqueolóxica é Patrimonio Histórico do Estado, polo que non pode ser cedido nin vendido, o que fai inviables en principio estes propósitos.
Cuestións de terra e de mar
Segundo nos explica Miguel San Claudio Santa Cruz, un dos maiores especialistas en arqueoloxía submarina do país, as diferenzas legais entre a arqueoloxía que se desenvolve en terra firme e aqueloutra que baixo a auga o seu campo de actuación non existen legalmente. Basicamente non hai ningunha diferenza. É arqueoloxía tanto estea na terra coma no mar, tanto esta húmida como seca, e isto é así desde o ano 85 coa Lei de Patrimonio Histórico Español, lembra. Do mesmo xeito, este investigador salienta que as competencias ao respecto dependen basicamente da Xunta de Galicia. Se queres investigar tes que pedir permiso, e depende de onde o queiras facer. Se o fas nas augas dun porto de titularidade estatal tes que lle pedir permiso ao Ministerio de Cultura. Se o fas nas augas territoriais tes que solicitalo na Consellaría de Cultura.
Os descubridores
O anuncio do consorcio Ruso provocou que varios exploradores reclamasen dereitos sobre os pecios mergullados. Máis concretamente Luis Ángel Valero asegura ter descuberto a localización do Santo Cristo de Maracaibo e posuír dereitos sobre a súa explotación logo de llo ter solicitado á Xunta sen recibir resposta. Pola súa banda, Edelmiro Martínez Novo e Ignacio Iturregui aseguran ter achado os restos doutros trece galeóns. Sen embargo, é moi discutible ata que punto seren descubridores destes restos lles outorga dereitos sobre os mesmos. Neste sentido, San Claudio lembra que os dereitos de achado permiten reclamar sobre algo que ti encontras casualmente e que se debe comunicar á administración no prazo máximo de trinta días, se non se comunica nese prazo pérdese a oportunidade de reclamar calquera recompensa. Este dereito outorga ao achador un 25% do valor dos restos, e outro 25% vai para o dono do terreo, segundo establece a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia no seu Artigo 60. Isto aplícase sobre o que atopes. Se ti encontras a cidade de Itálica tes dereito sobre o que vexas desa cidade. Se logo dentro desa cidade hai grandes riquezas, non tes dereito sobre elas. Do mesmo xeito, se alguén di que localizou o Santo Cristo de Maracaibo, a taxación farase sobre esas madeiras, o cargamento queda á marxe porque esa persoa non o encontrou puntualiza o investigador. Quedan fóra deste dereito as investigacións arqueolóxicas para as que se solicitou permiso, nas que os investigadores non teñen ningún beneficio polo que encontran se non ninguén se dedicaría ao megalitismo e centrariámonos noutras áreas que desen máis diñeiro. Do mesmo xeito, o dereito de achado non outorga ningunha prioridade para explorar os restos localizados.
Negociacións patrimoniais
Desta maneira, o consorcio San Simón, cuxo expediente está actualmente en fase de estudo na Xunta, queda pendente de negociar as compensacións que pode levar polo seu traballo. Visto que a cesión permanente dos restos recuperados queda legalmente descartada, San Claudio sinala a necesidade de buscar outras fórmulas de compensación, unha práctica bastante habitual. O que se pode facer é negociar coa administración uns dereitos sobre unha intervención que queres facer, pero estando ben entendido que os bens que aparezan forman parte do Patrimonio Histórico Español e polo tanto non poden ser obxecto de comercio, venda ou transacción algunha. Pódense pedir outras contrapartidas, por exemplo os dereitos de autor sobre vídeos, conferencias... tamén se pode solicitar que cedan as pezas un certo tempo para facer unha exposición e un museo. Este investigador apunta mesmo a posibilidade de que o Estado decida pagar directamente a empresa polo seu traballo de extracción. O que non podes pretender é financiarte co que atopes. Actualmente é algo imposible en todo punto en España.
No futuro
O proxecto de Rande desde un punto de vista técnico non ten problema ningún, en canto a viabilidade económica, tal como está pensado é totalmente imposible, pero por outra banda pode haber outro tipo de contrapartidas. Eu non vexo nada que non poida desembocar nun proxecto serio totalmente respectuoso coas leis de Patrimonio, destaca San Claudio. Queda saber o que decide a Xunta e como se desenvolven as negociacións para ver se finalmente voltan ver a luz aqueles vellos barcos. Está tamén por ver se esta iniciativa reaviva o interese polos restos que gardan as nosas rías e costas, un grande patrimonio que está, na maior parte dos casos sen explorar. Polo momento, a Xunta autorizou unha prospección para investigar os sete buques afundidos no porto da Coruña que facían parte da flota coa que o exército inglés de Sir John Moore quería fuxir das tropas napoleónicas. Un novo bocado da nosa historia que se lle vai tirar ao mar.