A Sala Galán de Compostela acolle a VIII edición de Curtos de Teatro

Teatro curto

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Pezas curtas e inéditas de teatro, entre as que se inclúen improvisacións, proxectos e procesos abertos de traballo, serán representadas entre os días 23 e24 deste mes na Sala Galán de Compostela. As representacións inclúense na VIII edición de Curtos de Teatro Galego, promovido pola propia sala.

Obras experimentais

A iniciativa comprende obras de caracter experimental entre as que se atopan improvisacións, proxectos de investigación sen a cobertura dunha montaxe teatral pechada ou iniciativas individuais. Os autores que participarán serán na súa maioría galegos, coa colaboración do madrileño Alberto Giménez que representará unha obra individual titulada "Un paso adelante".


Programa 23

As representacións, que comezarán ás dez da noite, comezarán coa obra "Retrato de muller con sombras" a cargo de Mabel Rivera e Rosa Álvarez, ó que seguirá "O frío que se quedou", un texto de Luis Merchán que representarán Eugenia Iglesias e Helen Bertes, unha rapaza alemana que logo de dous anos en Compostela debuta como actriz con esta obra. A primeira xornada rematará coa posta en escea de "Põe a tua cabeça no meu ombro e.." a cargo da compañía de danza viguesa Dobre Xiro


Programa 24

A segunda xornada contará coa presencia da obra "Ariadna", que representarán Anabell Gago e Alberto Giménez e á que seguirá "Hadiobisual", unha obra de Rebeca Montero, Nuria Sanz e marcos Orsi. O peche desta edición de curtos estará a cargo de Roberto Leal e Ana Vallés coa obra "Tengo muchísima prisa".

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Sala Galán, Rosa Álvarez, Ana Vallés...

Claves

Entidades
Conceptos