En 1997 A Coruña abría unha tenda BOMOB. Non era unha tenda de mobles ao uso porque, malia a súa aparencia de deseño italiano, todos os obxectos que alí se vendían estaban proxectados e fabricados no país. Dous anos máis tarde xa tiñan tenda en Vigo e agora inauguran unha nova factoría. Son unha empresa gacela que dará moito coida o deseño tanto como a súa creación.
Ser unha empresa gacela significa que o seu crecemento nos tres primeiros anos é superior ao 30% do resto das empresas coa mesma antigüidade. Non é unha xerga empresarial, senón o nome do galardón que o Consorcio Zona Franca de Vigo lles concedeu a BOMOB pola súa meteórica carreira. Andrés Mesías é o deseñador, alma máter e director desta empresa que se encarga de deseñar e producir todas as pezas que venden nas súas tendas.
As orixes
Hai que pensar que o deseño galego non existe, aínda que si hai a capacidade e moito potencial para facer algo neste sentido. Con estas palabras Andrés Mesías explica o contexto no que en 1997 Bomob se embarcou nun proxecto de deseñar mobles. Un mercado competitivo do que en Galicia existe un sector asentado, sen chegar á doutras zonas do estado como Valencia ou Cataluña, pero que fai mobles onde o deseño non é o seu principal valor engadido. Un dos principais referentes no mercado é a empresa María Martínez Otero, situada na Estrada e da que o propio Andrés destaca diferenzas. Somos casos illados dentro da situación do mobiliarios no noso mercado (mobiliario doméstico, oficinas e deseño de tendas) pero somos distintos, entre outras cousas, porque María Martínez xa leva varias xeracións e xa ten o seu mercado bastante consolidado. En todo caso, pese á súa xuventude, a día de hoxe Bomob conta con trinta traballadores e no último exercicio tiveron un superávit de tres millóns de euros. Se María Martínez é a empresa que deseña o mobiliario das tendas de Zara, Bomob encargouse dalgunhas tendas de Caramelo.
Valencia: parada obrigada
Estes días Bomob anda atarefada coa Feira de Mostras de Valencia, unha parada obrigada para calquera empresa que queira existir dentro do mundo do mobiliario. O ano anterior, explica Andrés, estivemos en Valencia para ver como estaba o mercado, para ver se nos podíamos abrir un oco. Neste segundo ano xa levamos obra propia como son unha gama nova que é a serie Espazo, unha cama-berce e Estribillo. Tres proxectos que pretenden que lles sirvan para ampliar a súa liña de negocio. Estar nas feiras, explica Andrés, é moi importante porque ademais do aspecto de mercado supón ver por onde van as tendencias de cara a posteriores anos.
O deseño e os materiais
Funcionalidade, estética e economía son, para o director da empresa tres dos piares claves sobre os que se asenta a compañía. O deseño é clave porque é a marca diferencial da empresa. Nese sentido Andrés conta a anécdota de que ao principio cando abrimos a tenda da Coruña a xente que entraba nos preguntaba se eramos unha empresa italiana. Aínda que non era italiana senón galega o gusto polas formas é unha constante preocupación. Pero boa parte do que se quere facer depende da materia prima que se empregue e iso sábeo ben Andrés que é enxeñeiro industrial de formación. Aceiro, metais, madeira, plásticos e derivados do petróleo son algúns dos materiais cos que traballamos e que sempre compramos a provedores galegos, aínda que non sabemos moi ben se os mercan aquí ou noutros países.
Á falta de confirmación dos rumores que sitúan a compañías de mobiliario a baixo custe en diferentes localidades galegas nun prazo de dous anos, Andrés considera que non se converterán en competencia directa porque operan en mercados diferentes. Nós pretendemos distinguirnos nun mercado medio, medio-alto e por outro tipo de valores onde a calidade é o principal baluarte, mentres que os modelos suecos ou nórdicos fabrican a prezos baixísimos en países con man de obra barata.
O futuro
Hai un símil que Andrés utiliza continuadamente que é o de comparar o sector mobiliario co do téxtil. A situación do sector da moda estaba hai vinte anos nunha situación semellante que está hoxe o do mobiliario: un tecido empresarial pequeno pero numeroso e sen moita preocupación polo deseño. Posteriormente, a administración amparada nun núcleo empresarial relanzaron a imaxe de moda galega, foi o tirón que a situou no nivel no que hoxe está. Andrés é menos optimista no caso do sector porque considera que aínda que existen numerosos intentos para agruparse como o do clúster, é un sector moi amplo que inclúe desde ebanistas ata mobles de cociña e sería máis difícil agruparse para relanzar un concepto como deseño galego. Por iso tamén pensa que han de ser as institucións as que deben valorar se existe esa masa suficiente para apoiar a imaxe de deseño galego.