Caramelo aposta por consolidar o seu mercado exterior e desembarcar en China

Está de moda

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Esta noite a Televisión de Galicia retransmitirá en directo a pasarela de Pontus Veteris, o escaparate da moda galega que sucede dúas veces ao ano en Pontevedra. Precisamente na mesma cidade na que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo realiza estes días un curso sobre “Narrativas Identitarias na Moda”. Onte foi o momento de Caramelo, onde o seu director de mercadotecnia apuntou que o sector marca diferenzas co que acontece no resto do estado e que o seu grupo tenta consolidarse no resto do Estado. Por outra banda, os deseñadores Lomba, Verino e Berhanyer pediron na Coruña, no marco dunha xuntanza organizada polo Macuf, que a moda sexa a oitava arte. E mentres, Adolfo Domínguez acaba de presentar a colección que vestirá ao persoal de Iberia.

Máis información sobre Pontus Veteris en El Correo Gallego, sobre a mesa redonda celebrada no MACUF en La Voz de Galicia e sobre Adolfo Domínguez e Iberia en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito