Pontevedra ultima Pontus Veteris mentres continúa a polémica da pasarela única

Moda para pasear

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Galicia estará de moda nos vindeiros días. En primeiro lugar porque Vigo acolle esta fin de semana “Expomoda”, un evento no que as tendas da cidade olívica ofrecerán os seus stocks a baixo prezo. En segundo lugar, porque o martes terá lugar en Pontevedra “Pontus Veteris” a pasarela máis veterana de Galicia que cumpre vinte edicións. Este evento que organiza a Cámara de Comercio celébrase nesta edición no medio da polémica levantada pola Consellaría de Industira de crear unha pasarela galega de corte internacional á que se presentaron varias candidaturas.

Máis información sobre “Expomoda” no xornal do concello de Vigo, sobre Pontus Veteris na nosa hemeroteca e sobre a iniciativa de Industria en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Pontevedra, El Correo Gallego, Concello de Vigo...