O vindeiro 14 de outubro as carteleiras acollerán a estrea de “Somne”, o thriller coproducido por Vaca Films e Lotus Films. Pero a cinta na que participa Goya Toledo, Óscar Jaenada e Nancho Novo poderá verse antes, no marco do Festival de Cine Fantástico de Stiges, un dos máis representativos do sector. No mes de outubro, a Academia Galega do Audiovisual organizará en Galicia o EAVE, acrónimo do “Emprendedores do Audiovisual Europeo”, que xuntará ás 48 produtoras máis destacadas de Europa en Compostela. Un mercado para darlle saÃda a proxectos de cine, documental e televisión.
Máis información na ficha de Somne e no web da Academia Galega do Audiovisual