Dúas empresas lideran en Galicia a preocupación polo mundo do deseño do mobiliario

Moito máis que mobles

As cadeiras non son só obxectos para sentarse. Nelas descansamos, están presentes na nosa vida diaria, e mesmo chegamos a manter vínculos emocionais con elas. A nosa percepción sobre o mobiliario está a mudar. Xa non amoblamos casas, senón que creamos fogares que recollen parte da nosa personalidade. Esta preocupación evidenciouse coa convocatoria de dous premios de deseño, cun obradoiro e cun ciclo de conferencias sobre o moble que hoxe comezan en Santiago.

Desde hoxe os irmáns Humberto e Fernando Campana (Sao Paulo, 1953 e 1961) imparten un seminario en Compostela. O equipo brasileiro, dúas figuras internacionais no desenvolvemento integral de procesos creativos e artesanais nos que empregan materiais de reciclaxe, explicarán as claves e as súas preocupacións polo deseño dunhas obras que os levaron a expor en museos como o MOMA de Nova York e o Design Museum de Londres. É a primeira conferencia dun ciclo que leva por título “O moble emocional” que organiza a Fundación María Martínez Otero en colaboración con Caixa Galicia. Daniel Cid Moragas, Tobías Jacobsen, Luke Pearson e Tom Lloyd completan a listaxe de personalidades que explicarán a súas traxectoria e a filosofía das súas creacións.

Da idea á práctica: o taller
Os coloquios compleméntanse cun obradoiro que tamén comeza hoxe e co se inauguran as instalacións da Chocolataría (Orfas, Santiago). Curro Claret e Virginia Angulo traballarán con quince alumnos, estudantes de deseño, arquitectura e belas artes, para que cada un interactúe con cadeiras, amosando que é moito máis que un obxecto para sentarse. Preténdese, como di Elena Fabeiro, directora da Fundación que organiza o evento “traballar os aspectos de relación humana: vencellos e lazos que se establecen entre os mobles, o seu uso e o seu usuario individual”. Seminarios coma este demostran, como explica outra traballadora da Fundación, Mercedes Castro, “é o momento no que os mobles dan o salto á arte, xa que se converteu nun obxecto no que o deseño tamén importa”.

Preocupados polas formas
Nos últimos tempos vese en Galicia unha certa preocupación polo deseño. En menos dun ano dúas empresas galegas que se dedican ao mundo do mobiliario doméstico, a empresa María Martínez na Estrada e Bomob na Coruña convocaron senllos premios de deseño de mobles. Elena Fabeiro, directora da fundación María Martínez creada para educar na cultura do moble considera que “nos últimos tempos nótase unha certa sensiblidade en Galicia por este tema que antes non se daba”. Por iso, estas empresas están achegando o seu gran de area dentro da seca absoluta que existía. Pola súa banda, Andrés Mesías director e alma máter de Bomob, unha nova empresa da Coruña recoñece que aínda existe moito que facer e matiza “hai que pensar que o deseño galego non existe, pero temos a capacidade de crear porque aquí hai moito potencial”.

As orixes
Os primeiros pasos que se deron no camiño cara unha maior preocupación no deseño saíron de Valencia. Na feira do moble que se celebra na capital levantina, a máis importante do Estado, a Fundación María Martínez deu a coñecer as bases do I Premio de Deseño Industrial que leva o seu nome. Un premio que se fallou o 11 de marzo e que recaeu no proxecto presentado baixo o lema “Flat”. Os gañadores Iñaki Remiro Virto e Adriá Guiu Barella pretendían, segundo figuraba no seu proxecto, “seccionar un moble caixonera en elementos individuais ofrecendo así máis versatilidade no uso, configuración e forma”.

Con moi pouco tempo de diferencia a empresa coruñesa Bomob presentaba o seu “Premio Nacional de Deseño de Moble Bomob” cuxos gañadores se deron a coñecer o 27 de xuño. “Convocamos o premio, di Andrés, para abrir o mercado a novos deseños e achegar novos recursos”. E o proxecto gañador, “Excuna”, unha cama–sofá é un dos tres proxectos que Bomob levou á Feira de Valencia que terá lugar do 14 ao 19 de setembro en Valencia.

Declaracións de principios
De momento, tanto María Martínez como Bomob son os dous baluartes que capitanean a loita polo deseño en Galicia. Pero aínda que manifestan intereses comúns contan con traxectorias distintas dentro dun mundo moi amplo e disperso como é o sector madereiro.

María Martínez leva tres xeracións fabricando mobles, ademais de contar cunha fundación que vela por temas máis sociais, mentres que Bomob leva só oito anos no mercado. Aínda que é unha empresa moi nova demostra ter bastante clara a súa filosofía de traballo e unha preocupación polas formas que sitúen os seus mobles dentro da elite mobiliaria na que están países como Italia. Na súa preocupación e explicación do deseño en Galicia, Andrés Mesías de Bomob fai un símil do sector que pode axudar a explicar a situación actual: “é algo semellante ao que aconteceu coa moda, xa que nun momento se deu o salto baixo a etiqueta de “moda galega”. Aínda que recoñece que non existe a etiqueta deseño galego como tal, pensa que ambas empresas son pioneiras neste campo e mira cara o futuro con optimismo. Ademais “creo que as institucións deberán valorar se existe un volume empresarial forte para decidir se é posible apoiar económica e estratexicamente ao sector como houbo no seu momento no mundo da moda”.

Polo de agora, estas dúas empresas seguirán mantendo os seus propios grans de area convocando os seus certames de deseño e dando a coñecer iniciativas como as que comezan hoxe para sensibilizar á xente na nova relación cos mobles.

O moble emocional

O moble emocional

Humberto y Fernando Campaña

O moble emocional

O moble emocional

Silla Corallo.
Humberto y Fernando Campana
Producida por Edra

O moble emocional

O moble emocional

Banquete.
Humberto y Fernando Campana
Producida por Edra

O moble emocional

O moble emocional

Silla Vermelha.
Humberto y Fernando Campana
Producida por Edra

O moble emocional

O moble emocional

Tobias Jacobsen / T. Winkel

O moble emocional

O moble emocional

Rakke.
Tobias Jacobsen / T. Winkel
Producido y comercializado por IKEA

O moble emocional

O moble emocional

Luke Pearson y Tom LLoyd

O moble emocional

O moble emocional

HORIZON 1.
Diseñado por Luke Pearson y Tom LLoyd
Producida por Martínez Otero Colección

O moble emocional

O moble emocional

HORIZON 2.
Diseñado por Luke Pearson y Tom LLoyd
Producida por Martínez Otero Colección

O moble emocional

O moble emocional

Curro Claret

O moble emocional

O moble emocional

Cajonera de pared.
Diseñado por Curro Claret
Se ha diseñado una cartela (en tres tamaños diferentes) para soportar cajas o cajones, de manera que cada uno con las que va encontrando se haga su cajonera.

O moble emocional

O moble emocional

Migas para pájaros.
Diseñado por Curro Claret
Al cortar el pan en la cocina, las migas caen por unos agujeros a una manguera que las lleva a un recipiente en el exterior de la casa, listas para cualquier pájaro libre que le apetezcan.