O xoves comeza en Valdoviño a tradicional Pantín Classic

Na crista da onda

Unha táboa, ondas e moita pericia. Son tres características imprescindibles para a práctica de surf. Se a isto lle engadimos 60.000 euros en premios, unha traxectoria de 18 anos e a entrega do Ocean Club de Surf temos a Pantín Classic. Non é só un dos certame puntuables para o campeonato do mundo desde deporte, senón un evento que concentra maior turismo na comarca de Ferrol.

A Pantín Classic faise maior de idade. E o director do evento, Vicente Irisarri explica que “xa só o feito de cumplir 18 anos xa é significativo, porque supón dar un salto adiante cunha nova estrela en chicos e en chicas, que fai que a contía dos premios sexa moi importante e fixo moi atractivo o campeonato e que derivou nunha inscrición moi importante”. A Pantín é puntuable para a EPSA feminino e o Circuito Mundial WQS e, un sistema que é semellante ao do tenis, a ATP, porque funciona cun sistema de puntos que se conseguen en circuitos de diferente categoría. Un nivel que se mide en estrelas, en función da contía que se repartan en premios. Segundo nos comenta o director, a Pantín reparte este ano 60.000 euros polo que lle corresponden tres estrelas, co que aumenta o caché do evento. Ademais, Pantín benefíciase do “efecto arrastre” para traer aos mellores surfistas do momento xa que en pleno circuito europeo, veñen de surfear as seis estrelas de Ericeira en Portugal.

¿Porqué debemos ir á Pantín?
Para Vicente Irisarri existen numerosos motivos polos que debemos ir á Pantín Classic, pero el resúmeos en catro. “En primeiro lugar polo feito de que se dispute durante catro días, que non é o mesmo dun espectáculo de hora e media, en segundo porque é completamente gratuito que a xente poida estar alí, terceiro que se celebra en contacto coa natureza, cuarto que o ambiente é moi bo (hai música constante dun sistema de megafonía de gran calidade) é un contorno magnífico para estar cos amigos e coñecer nova xente”. De feito, Vicente recorda que 18 anos é moito tempo, por iso hai centos e centos de anécdotas que dan para moito, como matrimonios curiosísimos entre galegos e surafricanos. E ofrece a súa propia explicación “pode deberse porque alí un atópase co mellor da natureza humana, e non ten que ver coa vida axitada que temos todos os días e permite descubrir outras xentes e outros mozos con culturas completamente diferente a nós. É o que fai un evento un pouco especial”.

O Pantín máis social
Pero o evento trascende o puramente deportivo en varios campos. Por unha banda o compromiso co medio xa que desde a organización pretenden combinar un “magnífico campionato de surf” cun “chamamento á sociedade referente á necesidade de conservar o contorno natural da costa, concretamente das nosas praias sobre todo de Ferrolterra e de Pantín en concreto”. Da outra banda, o campeonato tamén é un intercambio cultural entre mozos de moi diferentes culturas. “Por exemplo, explica Vicente, este ano hai máis surfistas de Australia (23) que de España, ademais hai catro surfistas de Hawai, dez ou doce norteamericanos e europeos, que teñen unha costa batida como é Gran Bretaña, Portugal e Francia e xente de illas remotas”.

De todos os xeitos, Vicente que leva implicado á Pantín desde o seu nacemento explica que “o surf son moitas cousas, é unha filosofía de vida, é un deporte, e os surfistas que veñen a Pantín ademais de ser profesionais de corpo enteiro, gañan a vida cun deporte do que ademais gozan. E iso transmíteno ao público”. Un público que por outra banda é cada vez máis numeroso. “Claro, asegura Vicente, é un espectáculo que dura catro días completos e completamente gratuito”.

Atrancos
Pero fóra da auga, os membros da Ocean Surf Club teñen moito que lidiar sobre todo porque é moi difícil conseguir os patrocinios, o financiamento. “Organizámolos gracias a moitos poucos xa que non hai ninguén que dea unha cantidade suficiente para cubrir o orzamento, que este ano ascende a 120.000 euros. Isto implica multiplicar os esforzos, non é o mesmo que un patrocinador achegue o groso da cantidade que entre todos vaian aumentando a contía".

Actividades complementarias
Paralelamente ao festival a Federación Galega de Surf organiza unha serie de actividades relacionadas coa práctica de surf. Entre elas destaca “A túa primeira onda”, que é unha serie de minicursos de surf de balde que inclúe táboa, neopreno e clases. Ademais, o equipo galego xúnior tamén se concentrará en Pantín e competira á nivel individual e por equipos. En todo caso, “as previsións meteorolóxicas, di Vicente, son bastante boas e irán de menos a máis comezará con ondas de pouco tamaño pero a medida que transcurran os días, haberá unhas ondas estupendas”.

Pantín Classic

Pantín Classic

Pantín Classic é o único campionato de surf de Galicia, todo un acontecemento de deporte e estilo de vida.
Créditos das imaxes:
Pantín Classic, Dimulle/ASP Europe.

Pantín Classic

Pantín Classic

Pantín Classic

Pantín Classic

Pantín Classic

Pantín Classic

Pantín Classic

Pantín Classic

Pantín Classic

Pantín Classic

Pantín Classic

Pantín Classic