Chámase Antonio Flórez (1877-1941), e desenvolveu un importante labor renovador nas institucións educativas. Ó seu nome lÃganse importantes procesos de restauración, comisións educativas e escolas de grande importancia, entre as que destaca a Residencia de Estudiantes de Madrid, que foi, no seu tempo, acubillo e niño da florinata cultural que se xerou no franquismo. O mesmo centro que o vindeiro 1 de febreiro organizará unha mostra que pretende facer xustiza sobre a súa figura. Non xustiza, pero sà unha profunda homenaxe foi o que uneu onte en Vigo a intelectuais e artistas de toda Galicia para celebrar o primeiro pasamento de Xavier Pousa, quen está considerao como un dos pintores galegos máis importantes do século pasado.
A escola homenaxea ó seu creador
Antonio Flórez é un perfecto descoñecido para a arquitectura galega. En parte porque a maior parte da súa obra sitúase fóra de Galicia, e en parte porque outro vigués, Antonio Palacios, do que estivemos a falar bastante hai unhas semanas, fÃxolle sombra. O caso é que os dous se formaron da Escola de Arquitectura de Madrid, pero a súa ideoloxÃa e o seu concepto da arte levounos por camiños ben diferenciados. A isto se lle engade que o seu talante librepensador fixo que nos anos posteriores á Guerra Civil a súa obra fose silenciada, unido tamén a un tempraneiro pasamento polo que non rematou a maior parte dos seus proxectos.
Agora, aproveitando o fin das reformas de rehabilitación da Residencia de Estudaintes, centro do que realizou o proxecto e a construcción dos seus pabillóns Xemelgos e Trasantlántico, organizan unha mostra para dar a coñecer a súa figura. Unha exposición que se inaugura o vindeiro 1 de febreiro e que permanecerá aberta ata o 31 de marzo. Nela se poderán contemplar óleos, acuarelas, maquetas, planos e debuxos do arquitecto, fotografÃas da época, obras plásticas de artistas contemporáneos, libros e revistas que introducen algún comentario sobre o artista compostelano, ademais dunha escolma das súa cartas (inéditas ata entón) con interese para comprender o seu traballo profesional. E esta mostra, pretende completar o perfil sobre o autor cun ciclo de conferencias e de mesas redondas.
Para crear esta exposición, numerosos centros museÃsticos galegos (entre os que destcan o Institudo de Estudios Galegos Padre Sarmiento, o Museo Quiñones de León), e estatais (o Arquivo da Alhambra, o Museo Nacional Centro de Arte Reina SofÃa) e as coleccións particulares dos seus herdeiros, cederon parte da súa obra para dar a coñecer o leigado do que foi un verdadeiro renovador (na idea, nos materiais e no concepto) das escolas tradicionais, dándolle ás súas obras o espÃrito e o interese propio da escola actual.
Os amigos de Pousa
Foi o pintor da luz e do color. Un dos máis destacados creadores plásticos do século pasado. Xavier Pousa (Goián, Pontevedra 1931 - Vigo 2000) finou o ano pasado e os seus amigos (de moi diversa procedencia) non quixeron desaproveitar a ocasión para honralo. E fixérono nun multitudinario acto no Centro Cultural Caixanova organizado polo Concello e a Fundación Xoán Piñeiro. Un acto no que os seus amigos presentaron un libro con textos deles adicados a Pousa e ilustrado con algunhas das súas pinturas. As mesmas polas que foi considerado o pintor da luz e do color, e polas que o seu nome pasa a estar no listado de creadores plásticos galegos máis importantes do século pasado.