O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, sinalaba recentemente a súa intención de revisar as concesión de encoros da zona do Ulla e do Deza ao tempo que anunciaba un novo Plan Enerxético para o país. Simultaneamente, o seu homólogo de Industria, Fernando Blanco, afirmaba nunha entrevista que Galicia non pode soportar máis parques eólicos e apuntaba que non se permitirán novas plantes deste tipo. Estas medidas, de se cumpriren poden supor un freo a algunhas das actividades que, segundos os colectivos ecoloxistas están a producir un maior impacto no noso patrimonio paisaxístico e natural.
A produción eléctrica galega está acaparar este mes de agosto unha chea de páxinas na prensa. O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, acaba de anunciar a súa intención de revisar os procesos de todos os encoros dos ríos Ulla e da comarca do Deza, tramitados nos últimos meses do anterior goberno, ao considerar que existen irregularidades na súa concesión. Na súa xuntanza con colectivos ecoloxistas e coordinadoras de afectados, Vázquez asegurou que tentaría frear a execución destes proxectos aínda que non podía asegurar que se puidesen paralizar todos. No mesmo encontro, o conselleiro asegurou que se vai facer un xiro na política ambiental e que se poría en marcha un novo Plan Enerxético, no que os aproveitamentos hidroeléctricos se adaptasen as necesidades enerxéticas do país.
Non máis eólicos
Pola súa banda, Fernando Blanco, conselleiro de Industria, amosou tamén a súa coincidencia con esta perspectiva nunha entrevista a El Correo Gallego. Blanco asegurou neste encontro que non se van conceder novas licencias para a construción de parques eólicos, e que se abordará o incremento de produción eléctrica mediante a modernización dos xa existentes. Galicia non pode soportar máis parques eólicos, xa hai bastantes. A nosa idea é non facer máis, asegurou. As medidas anunciadas por estas consellerías coinciden en boa medida coas reivindicacións dos colectivos ecoloxistas do país, que levan anos a reclamar unha moratoria na construción de encoros e un maior control nas localizacións para os parques eólicos, que se estaban a construír en moitos casos dentro de espazos protexidos.
Os datos eléctricos
Aínda que se faga aproveitando enerxías renovables, a produción de electricidade é un proceso que xera un grande impacto ambiental, algo que é especialmente notable no noso país. Neste mesmo mes de agosto Rede Eléctrica de España daba a coñecer os seus datos do ano 2003, que situaban Galicia coma a segunda comunidade do Estado cun maior excedente enerxético, só por detrás de Estremadura. É dicir, que da enerxía producida no noso país, expórtanse case 10.200, xigavatios por hora, e non se importa nada. Afinando máis estes datos, Yolanda Nélida Zotes, da facultade de Económicas de Compostela, presentaba o pasado ano un estudo no que analizaba as estatísticas existentes sobre produción eléctrica en Galicia. Segundo esta análise, de toda a produción da comunidade expórtase un 33,68%, e logo de perdas na rede e nas propias centrais, o consumo final do país queda só nun 55,40% da produción. Os datos do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para o ano 2003, pola súa banda, revelan que a produción anual é de 29.437 xigavatios hora, o que sitúa nun 42% a porcentaxe de exportación de enerxía.
O custo da electricidade
De toda a produción eléctrica galega, e seguindo os datos do INEGA, un 28,7% provén de encoros e outro 11.5% de fonte eólicas, sistema de xeración teoricamente limpos pero que provocan, a dicir do colectivos ecoloxistas un destacado impacto do noso medio, ao alterar fondamente os ecosistemas nos que se instalan. Ademais da enerxía producida a través destes sistemas, tamén as tradicionais centrais térmicas supoñen unha forte degradación, xa que son responsables da maior parte das emisións de dióxido de carbono que fai o noso país á atmosfera, contribuíndo ao efecto invernadoiro. É tamén por estas fontes de enerxía que as nosas emisións deste tipo de gases é superior ao que nos correspondería atendendo á superficie e á industria do país, segundo publicaba a prensa este mesmo mes atendendo segundo un estudo realizado polo biólogo Ramón Varela. A pesar de ter teoricamente cubertas a necesidades enerxéticas do país, son habituais os problemas e abastecemento en boa parte da nosa xeografía, a miúdo por fallos na infraestrutura de transporte. Neste sentido, o conselleiro de Industria tamén insistiu en que unha das prioridades na nova política enerxética será mellorar as redes de transporte. É inconcibible que produzamos cada vez máis e que non obstante os servizos que reciben os galegos e as galegas sigan sendo como hai vinte anos.
A postura ecoloxista
Desde a Federación Ecoloxista Galega, Martiño Nercellas explícanos os problemas destas fontes e as reclamacións dos colectivos ecoloxistas en materia de enerxía. A degradación palpable á que se someteron as nosas montañas e ríos nos últimos anos deu lugar a fortes reivindicacións sociais, que chegaron mesmo a niveis internacionais con campañas coma a de Ríos Vivos, que reclama unha moratoria na construción de encoros e que implica organizacións ambientalistas europeas e internacionais. Afirmacións coma que en Galicia non collen máis parques eólicos quedan moi ben, pero probablemente están máis próximas de ser unha declaración de intencións que de ser asumida con todas as consecuencias. As presións dos produtores eléctricos son extremadamente fortes e teñen unha grande capacidade para marcar tendencias de opinión. Segundo explica Nercellas, os colectivos ecoloxistas están de acordo co emprego da enerxía eólica, o problema radica en que a súa posta en marcha debe responder a un modelo racional e axustarse ás necesidades e á ordenación territorial. Hai parques eólicos ben localizados, pero outros nunca se deberon facer, e cita exemplos os que están proxectados na Serra do Suído. Unha aspirina pode ser boa para a dor de cabeza, pero unha caixa enteira de golpe pode ter consecuencias nefastas, compara o responsable da Federación. Coas enerxías renovables pasa o mesmo, non vale todo a calquera prezo. Á agarda de máis información sobre as guías que vai seguir o novo plan enerxético, quedamos pendentes de ver ata que punto muda o prezo que pagamos pola enerxía.