O retorno ás aulas vén marcado polo incremento de custe para as familias canda á celebración das Jornadas de Ensino de Galiza e Portugal

Preparando o retorno

25/8/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Arredor de novecentos euros por alumnos é o gasto que terán que facer as familias galegas para escolarizar os seus fillos, segundo o cálculo que acaba de facer pública a Federación Galega de Comercio. O custo oscila desde os 500 dos que opten por centros públicos aos máis de 1000 euros que pode supor a escolarización privada. O calzado e a roupa nova, cun total de 275 euros supoñen, segundo esta estimación, o apartado máis caro. Coincidindo con este comezo de curso, o vindeiro un de setembro comezan en Ourense as XXIV Jornadas do Ensino de Galiza e Portugal, unha das citas pedagóxicas máis destacadas do noso país. Neste evento, para alén de obradoiros de música ou Internet, celebrarase un cinefórum educativo.

Máis información sobre o custo de volta á escola en La Voz de Galicia; a gratuidade dos libros de texto nos nosos arquivos; máis sobre as Jornadas de Ensino en La Región

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Portugal, Internet, La Región...