A pesar de que estamos afeitos a que as campañas de normalización do galego se desenvolvan dentro do noso paÃs, as accións a prol do noso idioma non se restrinxen ás nosas fronteiras. Repartidos en universidades de todo o mundo, os Centros de Estudos Galegos desenvolven un destacado traballo para dar a coñecer a realidade lingüÃstica e cultural do noso paÃs que chega máis de dúas mil persoas cada ano.
Desde a proximidade de Braga ata a distancia de Melbourne, corenta un centros repartidos por dezaoito paÃses de todo o mundo achegan en diferentes universidades a posibilidade de adquirir coñecementos sobre a lingua e a cultura do noso paÃs. En cada un destes centros, investigadores locais e, en moitas ocasións, tamén lectores galegos realizan o difÃcil traballo de crear interese entre os estudantes e na poboación en xeral cara a Galicia.
Os lectores
De todos os centros existentes agora mesmo espallados polo mundo, vinte e oito contan con lectores adscritos. Estes licenciados en FiloloxÃa Galega ou en titulacións equivalentes botan entre un e cinco anos a traballar alà coma bolseiros da Xunta, dando clases, investigando e organizando actividades sobre a nosa cultura. Antón Porto, coordinador oficioso dos lectores de galego que traballan nestes centros, explÃcanos os eixes que guÃan esta actividade. “O traballo depende moito das universidades, en xeral fanse cursos de lingua, literatura ou cultura. Ademais desenvólvense traballos de investigacións, en centros coma o de Heidelberg están a elaborar desde hai anos un dicionario de galego”.
O funcionamento
Os entros están integrados nas diferentes universidades coma cátedras de Lingua Cultura galegas, e mantéñense maioritariamente grazas ás achegas económicas das Xunta. Segundo os últimos convenios que asinou o goberno saÃnte con diferentes universidades o pasado mes de maio, un millón de euros irán destinados a soster estas embaixadas culturais ata o vindeiro 2008. Ademais, anualmente convócanse axudas para apoiar os programas que se desenvolven nos diferentes centros e adquirir material. Sen embargo, ata o momento non existiu un programa que organice a creación destas entidades. Segundo sinala Porto, “os Centros de Estudos Galegos nacen porque, por algunha razón, un catedrático dunha universidade entra en contacto coa Xunta e coa Dirección xeral de PolÃtica LingüÃstica e preocúpase de redactar un convenio, traducilo, convencer ao reitor da súa universidade de que é algo bo e despois guiar ao lector, se o centro conta con el”. “Ata o de agora falta unha polÃtica global sobre este tema”, explica, “o proceso de implantación dos centros galegos é relativamente caótico. Os lectores non temos constancia de que exista un programa para a súa creación”, completa.
A difusión
Para Porto, estes centros cumpren maioritariamente a súa función de difundir a lingua e a cultura galega. “Os Centros de Estudos Galegos serven a miúdo para captar xente que vén facer despois as súas investigacións en Galicia. Nos cursos pode parecer que non hai moita xente, pero cando comparas con outros lectorados coma os de español ou os de catalán, ves que o galego está na media ou mesmo por riba”. Sumando lectorado a lectorado, ata dous mil catrocentos alumnos participan cada ano nas diferentes actividades que teñen como protagonista a nosa cultura. Ademais dos cursos nas propias universidades, hai lectores que atenden tamén actividades desenvolvidas por colectivos de emigrantes galegos ou que dan outros cursos. “É unha mágoa que non haxa máis Centros de Estudos en lugares cunha concentración destacada de emigrantes. Penso que o único caso en que se dá esta coincidencia é en ParÃs, pero non hai centros en Frankfurt nin en SuÃza, por exemplo”, explica Porto.
Na busca da coordinación
“Ata o momento non existiu unha coordinación desde a Xunta de cara ao traballo que se desenvolve nos diferentes centros galegos. Hai tres anos, partindo do coñecemento previo entre lectores organizámonos, montamos unha lista de correo e eliximos un coordinador que nos representase ante a administración”, destaca Antón Porto. De cara a mellorar a o traballo destas embaixadas culturais, o coordinador dos lectores considera fundamental a creación dun Institución de Promoción Exterior que unifique unhas actividades que ata o momento dependeron da ConsellerÃa de Educación pero que caen tamén en boa medida nas competencias de Cultura e mesmo de Emigración. “Agora estámolo a facer pero por iniciativa propia. Por exemplo, se eu quero levar un grupo a BerlÃn, contacto cos outros lectores de Alemaña e xa o levamos a todas as cidades cun menor custo. Pero serÃa necesaria unha coordinación desde a Xunta para optimizar o traballo”, explica. E o futuro está aberto.