A LOU apróbase no Congreso ante a protesta pacífica dos estudiantes

O trámite máis silencioso

A Universidade está no ollo do furacán. Mentres hoxe no Congreso se completa o tramo final de aprobación da Lei Orgánica de Universidades (LOU), os estudiantes manifestaron estes días en silencio para protestar contra as cargas policiais do pasado sábado. E mentres as asembleas e sindicatos debaten un calendario de resposta á aprobación definitiva da lei, na Universidade ábrese outro novo frente de críticas. Esta vez chega desde o propio Consello de Contas que no seu informe relativo ó 1998, polo que informa da xestión "imprudente" das tres Universidades galegas.

A aprobación

Tal e a como avisou Pilar del Castillo ante toda a protesta universitaria, o Congreso dos Deputados acaba de aprobar a aprobación da Lei Orgánica de Universidades. Era o último trámite para o que o PP contou co apoio de CiU, Coalicción Canaria. Por outra banda, todos os grupos da oposición (PSOE, IU, PNV, BNG, PA, ERC, IC, EA,CHA) manifestaron a súa disconformidade coa aprobación dun texto que consideran "de partido e non de estado". A LOU chegou ó Congreso logo de se aprobar a semana pasada no Senado, onde se introduciron unhas oitenta enmendas que, segundo os grupos da oposición, constituíron un acto de "maquillaxe" e no que, ademais, se eliminou a incompatibilidade de ensino nas universidades públicas e privadas.
Unha vez rematada a votación do proxecto, e mentres Pilar del Castillo recibía unha ovación dos membros do seu partido, os deputados de IU puxéronse en pé, e desplegaron pancartas coa lenda "LOU non".











As manifestacións silenciosas

O sábado cando se investía presidente Don Manuel Fraga, os estudiantes decidiron manifestarse en Santiago contra a Lei Orgánica de Universidades que entraba na súa recta final. Foi un día duro, no que logo de xogar ó gato e ó rato polas rúas de Compostela, a policía cargou contra os estudiantes. Un feito que indignou á comunidade universitaria que se volveu a manifestar estes días para protestar non só contra a Lou, senón tamén, contra o rector Darío Villanueva por permitir a entrada da policía ó pazo de San Xerome. Un feito que tamén se fixo notar no Claustro do martes, no que o rector tivo que saír escoltado. Un enfrontamento violento que trouxo como conclusións un cruce acusacións verbais entre diferentes colectivos. Os CAF convocaron unha roda de prensa para desmarcarse dos feitos que se produciron despois da entrada dun centenar de alumnos no Auditorio, mentres que Agir se congratula de que os CAF "abandoen as liñas pacifistas".












O Consello de Contas

Precisamente no mesmo momento no que a Universidade vive o seu momento álxido, coa aprobación da LOU no Congreso, o Consello de Contas fai público o seu informe relativo ó ano1998. Un informe no que destaca que as universidades galegas gozan dunha xestión que califica como imprudente, ademais de irregularidades na contratación do profesorado e a escasa formación do mesmo.
Por partes, en primeiro lugar o Consello de Contas destaca no seu informe o feito de que a Universidade conta con carencias relacionados con plan de financiamento, que se respecta en contadas ocasións. De feito, afirma que as tres universidades inclumpliron o plan de financiamento 1990-1996 aprobado polo Parlamento. No caso da Universidade de Santiago, destaca o feitod que rexistrou adxudicacións irregulares na seguridade de Farmacia ou no control de calidade da biblioteca de Ciencias Sociais.
Xunto a esta crítica expón o feito de que se apreciaron irregularidades realtivas ó sistema de contratación do profesorado , sobre todo porque "os docentes axudntes cubre de forma automática as prazas de persoal interino tra ser transformadas polo goberno da universidade". Ademais de existir irregularidades nos contratos de investigación.