Amosámosche a filmación da curta “Retrato” de Jairo Iglesias, que se rodou en parte o pasado mes de xullo no Consello da Cultura Galega

Un filme no corredor

3/8/2005 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
6 lecturas | Compartido 0 veces
Non acontece todos os días saír pola porta da redacción e encontrar unha rodaxe cinematográfica. Sen embargo iso foi o que lle aconteceu ao equipo deste portal o pasado mes de xullo, cando as quince persoas quen estaban a realizar a curta “Retrato” visitaron o Consello da Cultura Galega coa fin de integrar os interiores que deseñou Pedro de Llano no filme. Caras coñecidas coma Tamar Novas, Sara Casasnovas ou María Castro traballaron canda durante dous días canda a nós. Comproba nesta galería como foi ese traballo.
Unha historia de amor secreto condicionada polo medo a perder o outro. Unha produción con poucos recursos e cun reparto ambicioso. O Centro Galego de Arte Contemporánea, o Consello da Cultura e o Concello de Santiago, entre outros lugares, coma escenarios. Un equipo de quince persoas que colaboran desinteresadamente no filme. Sete días de rodaxe. Deste xeito se podería resumir brevemente “Retrato” un proxecto guionizado e dirixido por Jairo Iglesias que pretende difundirse por festivais e certames “co ánimo de amosar un proxecto ambicioso realizado en Galicia, cun reparto de luxo”, apunta o director na presentación do proxecto. Verémolo nuns poucos meses, polo momento, achegamos unha mostra de como se viviu a rodaxe no Consello da Cultura.

Universo culturagalega.gal