As xornadas de cine e vÃdeo de Galicia que se celebran no Carballiño son unha referencia que non pode faltar no mes de agosto. Despois de XXII edicións, este ano presentan un programa onde os eixes principais son o debate, a promoción dos novos valores e achegar o audiovisual que se está a facer en Galicia e Portugal.
En 1984 un grupo de afeccionados á arte creou o xermolo do que é o audiovisual galego tal e como hoxe o entendemos. As Xociviga foron a incubadora da que saÃron institucións para a defensa do audivisual como o Centro Galego de Artes da Imaxe ou a Escola de Imaxe e Son. Pero desde aquel ano ata hoxe as cousas cambiaron moito. Por iso, Anxo Santomil, coordinador do evento, asegura que “non pode ter o mesmo sentido, aÃnda que si recupera moito da súa filosofÃa”. Esa filosofÃa inicial é, dunha banda ser un lugar de encontro e reunión do audiovisual galego e o portugués. Da outra, un espazo de apoio aos valores máis novos
Un audiovisual común
As xocivigas sen o referente do que se fai no paÃs veciño non terÃa moito sentido. Por iso, ano tras ano, estas xornadas procuran traer algúns dos traballos ou a algúns dos artÃfices dese audiovisual. Anxo Santomil precisa máis, e conta que en Carballiño se fixeron moitos contactos entre os productores de ambos sistemas que acabaron en pelÃculas.
Esa faceta de encontro está tamén moi presente en dúas das seccións da edición deste ano. Por unha banda, no concurso “Premio Olhar 2006” que convocan os Encontros Cinematográficos de Viana e que está dirixido as escolas de cine de Galicia e de Portugal. Un apartado no que se pretende crear un espazo de exhibición e de reflexión sobre a temática documental con profesionais deste campo. Non é o único exemplo desa relación común co audiovisual luso, xa que esta XXII edición homenaxeará a traxectoria e a figura do cineasta Manoel de Oliveira (Porto, 1908). Ademais, dentro da programación proxectaranse algúns dos tÃtulos máis destacados da súa filmografÃa.
Apoio aos novos valores
O outro dos piares principais sobre os que se sustenta este evento é na necesidade de ofrecer un lugar para os novos valores. Por iso as Xociviga manteñen un contacto continuado coas escolas de cine e de vÃdeo de Galicia que lles mandan os seus traballos cada ano. O resultado vese no programa dentro da sección “Eurocinema. Ver e facer” que presentan en colaboración co Festival Internacional de Curtametraxes de Évora e o Festival Internacional de La Rochelle en Francia. Un proxecto de colaboración bastante ambicioso no que, segundo Anxo Santomil, “pretendemos crear unha rede de oficinas de cinema e de audiovisual, para a divulgación de cine europeo, desenvolvendo accións conxuntas entre todos os paÃses implicados”. Matiza que “non se restrinxa só á proxección e sirva tamén para a distribución”.
Memoria histórica
Como evento próximo á realidade cinematográfica, as propias Xociviga colleron o testemuño deixado polas productoras que evidenciaron un despregamento do documental. Se o ano pasado as xornadas acolleron toda unha sección especÃfica, nesta edición o xénero non aparece descoidado. “En realidade, comenta Anxo, o sector audiovisual estálle dedicando cada vez máis importancia e as Xociviga non fan outra cousa que reflectir ese interese”. Un exemplo disto é o das dúas montaxes-documentais que se van estrear no marco da sección “O Cine como espectáculo” e que serán proxectadas ao aire libre. Este traballo, elaborado por TVE en colaboración coas Xociviga recolle documentais filmados desde os anos 50 no Carballiño. “Hai, explica o coordinador, imaxes do NO-DO dunha visita dos Reis e outras dunha visita de Franco a Ourense, ademais de imaxes de construcción da Veracruz”. O outro traballo audiovisual é unha montaxe elaborada polo Consorcio Audiovisual de Galicia que recolle imaxes do libro “Rodado en Galicia” feito por Miguel Anxo Fernández.
Un desexo continuado
Os 21.000 euros que a organización ten para este evento debe sufragar o gasto loxÃstico preciso para poder proxectar as pelÃculas. Anxo explica que “boa parte do orzamento se vai en montar os sistemas de son e vÃdeo para poder ver a pelÃculas, porque antes habÃa no Carballiño dúas pantallas de cinema no que tiñan lugar os encontros”. Ademais, desde a organización confÃan en que pouco a pouco se poida ir aumentando o orzamento (que permanece fixo desde hai uns anos) e dar cabida a traballos, como por exemplo, que é o que están facendo as televisións locais. Non é un proxecto novo, senón que xa foi acariñado en anos anteriores. A idea era a de crear unha Fundación porque era a figura xurÃdica que aseguraba a perpetuidade do evento. Anxo fai memoria e lembra que “no seu momento propuxémosllo ao goberno que non se interesou pola idea e tivemos que volver á mesma fórmula de sempre pero, co novo goberno e co novo clima ao mellor se pode recuperar”.