¿Para que serve un sumidoiro? De entrada todos pensamos que é un oco que só serve para evacuar as augas da chuvia e as procedentes da vivendas. Pois unha vintena de artistas ourensáns agrupados baixo o nome “Nos sós” pretenden demostrar que é máis ca iso, que é un espazo para a arte. Por iso aproveitarán o sumidoiro da Praza Maior da Cidade das Burgas para convetelo nun espazo artÃstico.
“Ourense ten unha praza maior moi bonita e no centro hai un burato de 80 cm de diámetro e 120 de profundidade que se nos ocorriu solicitalo como espazo público para xestionar un grupo de artistas”. Quen fala é Xosé Lois un dos artistas que forma parte da Asociación Nós Sós e que forma parte deste singular proxecto, utilizar un buraco (non cumpre xa as funcións de sumidoiro) como un lugar de intervención artÃstica. O propio Xosé Lois explica que “o que queremos é utilizar un espazo público residual, que a ninguén lle pode parecer mal, para ofrecer productos culturais”. De feito, o oco é o lugar no que se encrava a árbore durante a temporada de Nadal. O que os artistas quixeron facer é recuperar ese uso pero para todo o ano, facendo partÃcipes á sociedade.
O proxecto
O oco é o espazo a partir do que cada un dos membros do grupo ofrecerá a súa proposta. Iso sÃ, cada un dos artistas ten liberdade absoluta para desenvolver o que lle suxire este singular espazo. No grupo, segundo explica Xosé Lois, “hai de todo un pouco, desde un arquitecto ata proxectistas de escenografÃa que permiten una gama de proxectos moi variados”. Entre as actividades propostas, “hai unha primeira que está moi debatida que é unha acción do grupo. Parécenos que é rizar o rizo, porque sempre pensamos que un colectivo precisa de grandes espazos e deste xeito se poderÃa desmitificar este tópico”.
Este artista explica que o proxecto está “moi no aire, aÃnda que hai cousas moi concretadas”. Entre as que xa están pechadas figura a construcción dun receptáculo de acero inoxidable que se situará no buraco e sobre a que se montarán as instalacións”. O que está máis parado é toda unha serie de trámites que desde a asociación confÃan en que se resolvan rapidamente.
Os artistas solicitaron ao Concello ourensá a cesión do espazo por un prazo de doce anos e tal e como nos explica este representante “hai unha concesión tácita do espazo, pero faltan formalidades”. En todo caso, para poder solicitar esa cesión do espazo precisaba que o grupo de artistas deberÃa constituÃrse unha figura xurÃdica e foi asà como naceu a “Asociación Nós Sós”. Un trámite que ralentizou máis o desenvolvemento do proxecto. Xose Lois explica que o grupo, que leva funcionando desde hai tres anos tivo que “formalizarse”, aÃnda que hai artistas que si participarán neste proxecto pero que non forman parte da sociedade.
O proxecto non se esgota só nas instalacións creadas a partir do buraco, senón que pretenden cursar invitacións a artistas de recoñecido prestixio para que cheguen a Ourense e propoñan a súa acción nese espazo. “Confiamos, afirma Xosé Lois, en ter o suficiente sentido do humor e amor polo risco para que acepten a nosa invitación. Ademais, a idea poderÃa ser exportable, e o burato poderÃa invitar a outros artistas doutras cidades e que haxa un intercambio e que poidamos facerlle unha cobertura informativa”.
O trasfondo
Todo o proxecto ten un punto crÃtico. Como Xosé Lois explica “trátase de elevar o buraco dun sumidoiro ao rango de difusión cultural, cun exercizo de propostas que, como tal depende de alguén que as propoña”. No fondo o sumidoiro non é máis que un pretexto deste grupo de artistas por dar a coñecer e dinamizar a vida cultural.
“Ourense é unha cidade que ten unha actividade moi potente, pero temos a desgracia que non estamos nin na costa nin se dá a coñecer e téndese a pensar que non hai nada”. Contra ese sentimento, estes artistas queren servir de acicate cultural que cambie a noción cultural que ten a cidade de Ourense. “Pensamos, apunta Xosé Lois, que o burato, pode espertar a curiosidade dunha parte da pobocación de Ourense activa e variopinta”.