O goberno entregou as medallas de Galicia no trasfondo do traspaso do goberno

Mérito de medallas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Este ano as medallas de Galicia entregáronse nun transfondo moi especial, o do cambio do goberno que non pasou desapercibido no discurso do presidente en funcións. Manuel Fraga deu á benvida ao “novo administrador da cousa pública” mentres avogou por pechar a loita electoral ata dentro de catro anos. Logo entregou as condecoracións máis importantes que concede o goberno a Agustín Sixto Seco, a título póstumo e que recolleu a sua filla, polo seu traballo en prol da cultural; ao Real Coro Toxos e Froles e para o propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre. O día de Galicia deixou tras de si os eventos habituais desta efeméride, as coroas no Panteón de Galegos Ilustres, así como a misa por Rosalía de Castro.

Máis información en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego , en Galicia Hoxe, La Opinión e consulta os galardoados na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Manuel Fraga, La Opinión, Galicia Hoxe...