O programa do Festigal deste ano contempla a celebración dunha “GalerÃa das Letras” pola que desfilen durante os dous dÃas do evento numerosos representantes do sector literario. Posto de librarÃas e editoriais, presentacións de libros e revistas, autores asinando as súas obras e recitais vertebran este programa literario dos dÃas 24 e 25 no Campus Sur compostelán. Asinarán as súas obras, entre outros, Anxos Sumai, Kiko da Silva, Xavier Queipo, Rosa Aneiros, Carlos Quiroga e Sechu Sende. Presentaranse libros de Xerais, AGAL, Laiovento, Biblos Clube, Eneida. Nos recitais poderá escoitarse a obra de Claudia Castro, Carlos Negro, Rafa Villar, Marta Dacosta ou MarÃa Lado entre outros.
Máis información no sitio web do Festigal 05