A Real Academia Galega (RAG) decidiu o sábado, contra os pronósticos que se viñan facendo desde distintos medios, rexeitar a proposta de reforma normativa que se realizou desde o Instituto da Lingua Galega (ILG) e os departamentos de galego das tres universidades. Once votos en contra e dúas abstencións de vinteún académicos presentes na xuntanza decidiron a cuestión. O presidente da Academia, Francisco Fernández del Riego, deu por pechado con esta xuntanza o debate sobre a norma, e diferentes colectivos e persoeiros manifestáronse en contra da decisión.
Acta dun debate
Unha xuntanza de dúas horas a porta pechada entre vinteún dos vintecinco académicos actuais serviu para pechar o debate sobre a reforma normativa na Academia. Once votos e contra, dúas abstencións e sete votos a favor foi o resultado final dun debate no que se encontraron posturas moi enfrontadas e que se resolveu por sufraxio secreto. Segundo sinala "El Correo Gallego" na súa edición de hoxe, Méndez FerrÃn, Xohana Torres, Carlos Casares, Salvador GarcÃa-Bolaño e os tres académicos membros do ILG (Antón Santamarina, fernández Rey e Manolo González) foron os que máis ferventemente defenderon a reforma normativa. No bando contrario, Luz Pozo Garza realizou un discurso defendendo a normativa actual e chamou ás académicas a votar en contra da propostas. Tamén Xesús Ferro Ruibal e Xesús Alonso Montero manifestáronse en contra da reforma. Onda eles, segundo sinala "El Correo Gallego", atopábanse Constantino GarcÃa, Xaime Illa Couto e Olga Gallego.
Pola súa banda, Francisco Fernández del Riego non emitiu voto nesta xuntanza xa que, segundo manifestou, cumpriu o papel de árbitro no debate. Tampouco emitiu o seu voto o académico Antonio Meixide Pardo, que saiu da sala no intre de facer a votación. Non estiveron presentes na xutanza Domingo GarcÃa-Sabell, Andrés Fernández Albalat, Miguel Anxo Araúxo e Ogando Vázquez.
A fin da historia
Segundo manifestou Francisco fernández del Riego despois da xuntanza, con este acordo a Academia "xa tomou unha decisión", e pechou calquera posibilidade de que se produza unha nova consideración do tema ou de que se reabra o debate.
Remata asà a historia dunha proposta que levou un de elaboración e que acadara por primeira vez pór de acordo a defensores da postura de mÃnimos, coma a AS-PG, con partidarios da normativa oficial nos departamentos de galego das tres universidades e no Insituto da Lingua Galega.
O ex-presidente da AS-PG e promotor do debate coas universidades Alberte Asende, denunciou o emprego do idioma coma arma politica, e acusou a Fraga e a Francisco Vázquez de exercer "interferencias polÃticas" para botar por terra o acordo. Neste sentido tamén se amosou de acordo o lingüista Xosé Ramón Freixeiro Mato.
Os académicos desbotaron na súa maiorÃa facer declaracións ó sair o sábado da xuntanza. Segundo Fernández del Riego, a decisión dos académicos respondeu a criterios fundamentalmente lingüÃsticos e negou calquera tipo de presión externa sobre a insitución.
Novos académicos
A xuntanza do sábado da Real Academia tmén serviu para que Xosé Neira Vilas lese o seu discurso de ingreso na institución. A súa alocución xirou, como estaba previsto, arredor da importancia da emigración para o desenvolvemento da nosa cultura, centrándose especialmente na actividade desenvolvida en Buenos Aires enter 1950 e 1960. O discurso foi respondido por Xesús Alonso Montero, que gabou o talento literario do novo académico.
Tamén se decidiu o sábado o nome da próxima incorporación á institución. Francisco DÃaz Fierros, catedrático de EdafoloxÃa e QuÃmica AgrÃcola foi elexido da terna en que estaba onda Camilo Gonsar, e Manuel MarÃa.
Tamén se elexiron tres novos representantes da institución no estranxeiro. Os novos académicos correspondentes son Fernando López Acuña, David Mc Kenzie e Xavier Carro.