Este ano conmemórase o IV centenario da edición dunha da obra máis emblemáticas da literatura hispana: O Quixote. Á celebración únense novas disputas que aseguran que Don Quixote non era tan da Mancha como o seu título indica, senón dunha pequena aldea de Lugo. Pero o caso de Miguel de Cervantes non é o único, hai teorías que aseguran que tanto Cristóbal Colón como Pelaio naceron aquí. Tres dos emblemas da hispanidade poderían ter unha orixe galega.
Nun lugar da Mancha de cuxo nome non quero lembrarme podería non ser tan de Castela como habitualmente pensamos senón de Galicia. César Brandariz no seu libro Cervantes decodificado (editado por Martínez Roca) asegura que Cervantes é dunha pequena aldea das montañas de León que hai cinco séculos estaba dentro dos límites administrativos de Galicia. Para reforzar esta teoría lembra que tanto Cervantes como Saavedra (segundo apelido do escritor) teñen orixe galega. Un podería pensar que é só unha coincidencia, pero no estudo que este experto fai no seu libro, hai centos de exemplos nos que se apoia para asentar a súa teoría.
Buscando pegadas galegas
Ademais do estudo toponómico, apunta un sentido figurado para esa Mancha, que non se tiña porque corresponder coa zona castelá, senón para outra mancha a dos lugares nos que habitaban os manchados, que era como se denominaba aos xudeus. Isto coincide coas teorías que indican que Cervantes pertencía a unha familia de xudeus conversos, un feito do que non estaba certamente orgulloso de aí que Cervantes sempre amosase un empeño en ocultar a súa identidade.
Pero este profesor retirado rastrexa a obra cervantina para atopar marcas lingüísticas e semánticas que reforzasen a súa teoría. E atopounos. No seu libro asegura que cita os entroidos de Laza e Verín ao falar de bica dos peliqueiros, e que un labrador manchego diga tarde piache sería case un milagre se este non fose galego. Para completar a súa teoría César Brandariz denuncia que existen múltiples irregularidades na partida de nacemento de Miguel de Cervantes, que van desde o nome ata o ano de nacemento que contribúe a reforzar a súa postura.
O caso de Colon
A falta de datos sobre a súa infancia, así como o empeño de Cristóbal Colon de non deixar constancia da súa orixe abriu toda unha teoría de mitos e de teorías para apadriñar ao descubridor de América en 1492. Aínda que a tese máis estendida asegura que Cristóbal Colón era xenovés, existe unha teoría que defende fervorosamente que era de Pontevedra, concretamente de Poio. En todo caso, os que defenden a orixe pontevedresa de Colón están tan certos de que coñecen ata a suposta casa na que naceu que o goberno local pretende aproveitar fondos do plan Proder para restaurar as ruínas do edificio e instalar no seu interior unha pequena mostra permanente que apoie a teoría da orixe galega do navegante. O proxecto prevé tamén que parte da casa se dedique a reflectir a importancia que tivo para Galicia a emigración cara a América.
En Un galego chamado Cristóbal Colón o carballinés Salvador Freixedo Tabarés recompila todos os indicios polos que considera que o navegante é galego. Destaca que tanto os documentos atopados na igrexa de Santa María como na suposta casa natal, así como as achegas lingüísticas hai probas más que suficientes que reforzan a súa tese.
Pero en breve a súa tese poderá quedar refrendada ou non. Desde hai uns meses o Laboratorio de medicina Legal da Universidade de Granada está a elaborar probas de ADN, así como estudos antropolóxicos, descriptivos, médico-forenses e resonancias magnéticas aos seus restos que están depositados na Catedral de Sevilla. O obxectivo é certificar, en comparación cos do seu fillo enterrado na Cartuxa, que os restos que repousan na Catedral son os do navegante. Este estudo poderá determinar tamén se é fillo do príncipe Carlos de Viana, fillo de Blanca de Navarra e a Margarida Colon, unha rica mallorquina, que é outra das hipótese máis sólidas que se barallan sobre a paternidade do descubridor.
A orixe de Pelaio
Moito máis controvertida son os postulados que defenden que Pelaio era de orixe galego. Un dos primeiros documentos desta teoría é un artigo que Ramón Cajade publicou en La Voz de Galicia en 1976 baixo o título de Don Pelayo era gallego. Neste documento asegura que Pelaio foi levado en segredo a Britonia (que logo se denominaría Provincia de Mondoñedo) para evitar que fora asesinado por Witiza, o rei que quería á nai de Pelaio e mandara matar a toda a súa familia para evitar futuras vinganzas. Segundo ese mesmo documento, Pelaio chegaría a ser señor de terras bretoñesas e tería concedido grandes privilexios a Viveiro, desde onde se trasladaría a Covadonga (no 722) para abortar unha incursión musulmana. Desde aquí a historia xa é ben coñecida e documentada. De momento, sobre a orixe galega de Pelaio non hai un libro que recompile todas as teorías, pero en internet figuran algúns sitios web no que os internautas van deixando as súas pescudas sobre o tema.