Como vén sendo habitual durante este outono, a xuntanza do sábado da Real Academia Galega (RAG) será intensa. Ó inevitable debate sobre as reforma da normativa ortográfica do galego engádese a lectura do discurso de entrada de Xosé Neira Vilas, o nomeamento dun novo académico e a sucesión de Francisco Fernández del Riego. Para os interesados na reforma normativa, a AS-PG anunciou que o sábado pola mañá fará públicas as mudanzas que están a discutir os académicos no marco do congreso sobre linguas non normalizadas que se está a celebrar en Pontevedra.
Un debate quente
Logo de que a última xuntanza da RAG, o pasado vintenove de outubro, se decidise aprazar o debate sobre a norma para dar tempo ós académicos a estudiar as máis de duascentas páxinas da proposta de reforma, este sábado retomarase o debate sen que haxa garantÃas dun pronunciamento sobre o tema.
A pesar da intención de Francisco Fernández del Riego de deixar pechada esta cuestión antes da súa demisión o vindeiro vintenove de novembro, as declaracións dos académicos logo da anterior xuntanz fan pensar nun debate longo pola existencia de diferentes posturas sobre o tema na institución.
Adiantándose á resolución da Academia e rompendo o silencio que pesa sobre a proposta concreta, que aÃnda non se coñece na súa totalidade, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG) sinalou a diferentes medios que o vindeiro sábado dará a coñecer os cambios que se lle están a propor á Academia sobre este tema. A AS-PG, promotora dos debates que deron nesta proposta, presentará estas mudanzas no marco do congreso sobre linguas non normalizadas que se está a celebrar en Pontevedra.
O académico dos emigrados
Seguindo co proceso de incorporacións á RAG que promoveu Fernández del Riego, este sábado lerá o seu discurso de ingreso na Academia Xosé Neira Vilas, escritor, emigrado e un dos persoeiros máis destacados da cultura galega do último medio século.
Precisamente o seu discurso de ingreso centrarase na importancia da actividade cultural galega que se produciu en Buenos Aires nos anos cincuenta e que abranguÃa desde xornais e editoriais ou emisoras de radio no noso idioma. Tamén lembrará todos os simbolos adoptados polo galeguismo e que naceron na emigración, como foi o caso da bandeira galega a primeira interpretación do himno ou a fundación da Real Academia Galega, que se produciu na Habana.
O nomemamento de Neira Vilas como académico xa produciuse o pasado mes de xuño, e xa daquela o escritor amosara a súa intención de abrir a academia á emigración e viceversa.
Candidatos e renuncias
Outro punto do dÃa na xuntanza do sábado é o nomeamento dun novo académico. Seguindo a premisa de encher unha praza en cada unha das xuntanzas da institución, o pleno escollerá quen ocupa os tres postos libres que aÃnda restan na Academia. E precisamente son tres os candidatos que se barallan para entrar na institución, Manuel MarÃa, Francisco DÃaz-Fierros e Camilo Gonsar.
Ó parecer, este sábado discutirase a proposta de candidatura de DÃaz-Fierros e de Camilo Gonsar, dos que só sairá elexido un. O primeiro deles conta coa vantaxe de responder ó perfil propugnado por Del Riego para as novas incorporacións, é dicir, o ingreso de persoas de ámbitos diferentes da literatura. AsÃ, DÃaz-Fierros é catedrático de EdafoloxÃa, asà coma un grande defenso da cultura do noso paÃs.
Pola súa banda, Camilo Gonsar, pseudónimo de Camilo Suárez-Llanos conta co apoio de Méndez FerrÃn que o reivindica coma unha figura fundamental da narrativa como representate dos escritores que foron "marxinados anos e anos".