Dúas semanas de reflexións sobre as linguas minoritarias (ou non normalizadas, segundo se mire) é o que nos agarda na segunda metade do mes de novembro. Comezando este mesmo xoves dÃa quince a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), en colaboración coa Universidade de Vigo, achega ó Pazo da Cultura de Pontevedra o congreso internacional "Linguas non normalizadas. Presente e Futuro". E exacatamente sete dÃas despois, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Compostela, acollerá a VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias, coordinada pola Dirección Xeral de PolÃtica LingüÃstica.
Non normalizadas
Prestixiosos lingüistas de todo o mundo reuniranse en Pontevedra no congreso internacional "Linguas non normalizadas. Presente e Futuro" que organizan a AS-PG e a Universidade de Vigo. Desde o dÃa quince e ata o dezasete deste mes analizarase a situación das linguas non normalizadas de Europa en relación coa Carta europea das linguas, a situación de varios destes idiomas con respecto a súa lexislación ou o futuro das linguas minorizadas na era da mundialización.
Dentro do congreso tamén se presentarán os resultados dun estudio sobre a valoración e o empregodo galego, o euskera e o bretón.
O galés e o bretón estarán presentes no congreso mediante a confernecia de Ned Thomas, profesor de Lingua e literatura na Universidade de Aberystwyth e pola intervención de Isabel Kerdudo, da Rede de escolas Diwan de Bretaña. As súas intervencións serán o venres ás once da mañá e ás catro da tarde respectivamente.
Tamén se presetnará na tarde do venres, a partir das seis e media, os resutlados de senllos estudios sobre o noso idioma. Por unha banda, Xosé Ramón Freixeiro achegará os datos dun recente estduio elaborado desde a AS-PG sobre o emprego do noso idioma, e pola outra AgustÃn Fernández Paz realizará un adianto do Informe de PolÃtica LingüÃstica e Normalización en Galicia, que está a elaborar o Arquivo de Planificación e Normalización LingüÃstica do Consello da Cultura Galega.
Segundo sinalou o pasado domingo "La Voz de Galicia", a xornada do sábado pola mañá aproveitarase para explicar o acordo normativo propiciado pola AS-PG que ese mesmo dÃa pola tarde discutirá a Real Academia Galega. A mesa redonda sobre "A situación do galego após vinte anos de Estatuto Legal" semella o espacio escolleito para explicar polo miúdo as reformas propostas.
O encontro estará amenizado cun concerto co cantautor catalán Lluis Llach que se celebrará o sábado ás oito da tarde.
Minoritarias
Sete dÃas despois será o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Compostela, o que acolla o debate sobre linguas na VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias. O encontro, coordinado pola Dirección Xeral de PolÃtica LingüÃstica, desenvolverase entre os dÃas vintedous e vintecatro deste mes e pretende amosar e debater os principais problemas das linguas minoritarias, prestando especial atención ó ensino multilingüe. Ó mesmo tempo analizarase o papel das tecnoloxÃas da fala e a enxeñerÃa lingüÃstica no futuro destes idiomas e achegarnase novas propostas para o desenvolvemento do ensino multilingüe.
O rendemento dos nenos escolarizados en varias linguas, a situación das linguas minoritarias en Estados Unidos, unha análise da situación actual do galego ou diferentes aspectos do ensino de linguas minoritarias son algúns dos temas que se tratarán durante estes dÃas. A Dirección Xeral de PolÃtica lingüÃstica puxo en marcha unha completa web na que se informa de todo o relacionado con este congreso.