Desaparecen seis retablos e dúas tallas en dúas capelas da provincia ourensá

Patrimonio que se perde

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A provincia de Ourense é unha das máis castigadas polo espolio do seu patrimonio nos últimos anos. Por iso, desde o Obispado pechou igrexas e trasladou parte do seu patrimonio a lugares máis seguros para evitar que continuara a vaga de roubos. Pero iso non foi suficiente para que a situación mellorase. Onte, o canónico arquiveiro da catedral ourensá denunciaba o roubo dos seis retablos e unha columna do pórtico gótico do antigo mosteiro de San Paio de Abeleda (en Castro Caldelas), unha igrexa pechada ao culto e que tiña a porta tapiada logo de que hai uns anos forzaran a porta de madeira. Por outra banda, un representante da comunidade de veciños de Cassasoá (Xunqueira de Ambía) denunciou o roubo de dúas tallas de madeira de San Mamed e da Virxe do Carme da capela da parroquia de San Vicente de Abeleda.

Máis información sobre os roubos en La Voz de Galicia e en La Región

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O pobo do mosteiro

O pobo do mosteiro

Unha exposición amosa o vencello dos veciños de Abeleda co seu patrimonio

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, La Voz de Galicia, La Región, Xunqueira...